Área de Terminoloxía 
Servizo de Normalización Lingüística
USC

Foro

Ligazóns

Índice de precisións

Un idioma preciso

 

preciso -a. adx. 

1.Exactamente determinado ou definido. 

2. Dise do que non é equívoco nin vago. 

3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.

 
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
 
Ligazóns


Dicionarios e bancos terminolóxicos

Dicionarios e vocabularios galegos

 Outros

Máis ligazóns

 
 
Castelanismos travestidos: a “arpilleira”

91

Outra vez ás voltas coas doenzas: a candidíase

 

Un dos aspectos nos que as normas ortográficas do galego son máis sistemáticas e presentan unha maior congruencia interna é na adaptación de formantes cultos de orixe grega ou latina.

 

Polo xeral, séguese o principio de respectar a posición do acento na linguaCandida albicans. Orixinal en http://www.humanillnesses.com/original/images/hdc_0001_0003_0_img0285.jpg emprestadora, e tamén se ten en conta a escolla realizada polo portugués. Isto é o que explica que, por exemplo, formas como aerólito, electrólito, megálito, nefrólito… sexan esdrúxulas en galego.

Polo xeral, séguese o principio de respectar a posición do acento na lingua emprestadora, e tamén se ten en conta a escolla realizada polo portugués. Isto é o que explica que, por exemplo, formas como aerólito, electrólito, megálito, nefrólito… sexan esdrúxulas en galego.

Polas mesmas razóns, é case sistemático o emprego do sufixo -íase (e non -iase) na denominación de enfermidades provocadas por parasitos ou bacterias (acaríase, amebíase, bartonelíase, distomíase, enterobíase, fasciolíase, porocefalíase…)[1], respectando á vez a acentuación orixinal do sufixo e a harmonización co portugués.[2]

Por iso mesmo, non parece lóxico que *candidiase sexa a forma recomendada en galego para designar a ‘infección producida por fungos do xénero Candida –fundamentalmente Candida albicans­– que afecta especialmente algunhas zonas mucosas do organismo’, por moito que esta figure recollida nun dicionario avalado pola revisión da Real Academia Galega.  O esperable sería que se aconsellase o emprego de candidíase, en consonancia coas formas arriba indicadas, co portugués candidíase e co inglés candidiasis.[3]

Outra alternativa válida pode ser candidose, seguindo as recomendacións da Asociación Mundial para o Progreso da Parasitoloxía Veterinaria e do Consello da Federación Mundial de Parasitólogos, que aconsellan o emprego de -osis (en galego -ose) para a denominación das doenzas parasitarias. Deste xeito evitaríase a vacilación entre -asis, -iasis e –osis (-ase, -íase e –ose entre nós), provocada pola non-aplicación da recomendación de reservar –íase para as doenzas con nome de orixe grega e –ose para as de orixe latina.

Xa que logo, o noso consellodesta quincena é evitar o emprego de *candidiase (e en xeral, do sufixo -iase con acentuación sobre o -a- na denominación de doenzas parasitarias). No seu canto, as formas máis acaídas referirse a esta enfermidade serían candidose ou candidíase.


[1] É tamén moi frecuente que denominacións rematadas en -ose (bartonelose, fasciolose, porocefalose…) se empreguen como sinónimos das anteriores.

[2] Mentres que o castelán tende a pronunciar estas formas como graves (acariasis, amebiasis, enterobiasis…) o inglés tamén marca a tonicidade na vogal inicial do sufixo (acariasis, amebiasis, enterobiasis…) 

[3] En castelán emprégase candidiasis.


© Área de Terminoloxía, SNL, USC
© canalciencia.com

Contacte connosco