|
|
Un
idioma preciso |
| |
|
preciso
-a.
adx.
1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel. |
| |
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser
"un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén
"un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é
imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola
Área de Terminoloxía do
Servizo de Normalización Lingüística da
USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma
estábel ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
|
| |
| Ligazóns |
Dicionarios
e bancos terminolóxicos
Dicionarios
e vocabularios galegos
Outros
Máis
ligazóns |
| |
| |
|
|
|
|
|
| Castelanismos travestidos: a “arpilleira” |
|
94
|
Un pouco de
exercicio, que vén o verán |
|
Debe
ser que se achega o verán e a xente anda preocupada por
cultivar o seu corpo, que nas últimas semanas chegáronnos
dúas consultas relacionadas co ámbito da actividade física,
en concreto co nome polo que se deberían coñecer en
galego este
exercicio e este
aparello.
|
|
O
primeiro podería definirse como un ‘exercicio
de musculación executado cun haltere
sobre os ombros ou por diante do pescozo, coas
pernas levemente separadas e os pés en contacto
total coa terra, que consiste en flexionar e
estender as pernas, coa columna vertebral
recta’. Na práctica, en galego vense usando o
castelanismo sentadilla
(ou algunha variante máis ou menos
disfrazada: *sentadiña,
*sentadela…).
En principio, parécenos que ningunha destas tres
formas debería ser considerada como recomendable
en galego, así que optamos por comprobar cal é
denominación elixida en inglés (squat),
francés (accroupissement)
e portugués (agachamento,
aínda que o anglicismo squat ten tamén unha alta
presenza).
|
|
|
|
|
Tendo
en conta isto, pensamos[1]
que a mellor alternativa é propor agachamento
como denominación galega. Trátase dunha forma
que se explica sen problema ningún a través das
regras derivativas desta lingua, que recolle con
precisión as principais características do
exercicio e que mantén o paralelo conceptual coas
formas das linguas veciñas.
|
|
|
|
|
O
segundo é un ‘haltere de barra curta e pouco
peso que pode ser manexado cunha soa man’ que,
coma no caso anterior, é coñecido polo seu nome
castelán (mancuerna)
ou por algunha variante agalegada (mancorna).
A mancuerna
era, no ámbito agrario, unha parella de reses
unidas polos cornos cunha corda ou algún obxecto
ríxido de tal forma que podían ser guiadas en
paralelo de forma parecida a como se faría cun único
animal. Esa imaxe dos dous animais unidos e en
certa medida inmobilizados por unha barra foi a
que permitiu o seu emprego metafórico no ámbito
da actividade física.
En
galego sería posible facer algo semellante, xa
que mancorna
é unha palabra viva e mancornar
aparece definido no Gran
diccionario Xerais da lingua como ‘atar dúas
vacas polos cornos para levalas xuntas’. Pero o
feito de que esta mesma metáfora non se aplique
tamén en ningunha das linguas do noso contorno
(EN: dumbbell;
FR: haltère
court ou haltère;
PT: dumbbell,
aínda que tamén haltere
curto) lévanos a desbotala xa que, de aplicármola,
estariamos máis ante un calco do castelán ca
ante unha evolución propia.
|
As
alternativas que nos parecen preferibles son
dúas: ou recorrer a haltere curto, en
paralelo ao francés e ao portugués; ou
intentar estender o uso dun neoloxismo como pesa
de man, tendo en conta que o obxecto
formado por unha barra en cuxos extremos se
fixan unha serie de pesos, empregado en
exercicios de musculación coñécese
popularmente como pesa (como se
comproba na expresión "facer
pesas").
Sen
desbotar a primeira, apostamos pola segunda. |
|
|
|
[1]
De acordo tamén coa proposta que no mesmo
sentido está facendo Termigal
|
|
|
|
|
|
|
|
|