Un idioma preciso

Área de Terminoloxía 
Servizo de Normalización Lingüística
USC

Un idioma preciso

preciso -a. adx. 

1.Exactamente determinado ou definido. 

2. Dise do que non é equívoco nin vago. 

3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.


A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.

Ligazóns


Dicionarios e bancos terminolóxicos

Dicionarios e vocabularios galegos

do Servizo de Normalización Lingüística da USC

da Xunta de Galicia

do Seminario de Lingüística Informática da U. de Vigo

máis materiais galegos

 Outros

Eurodicautom: Banco de termos da Comisión da U. E.  Datos en 12 idiomas oficiais da U. E.

Euterpe :Banco de termos do Parlamento Europeo) Datos en 12 idiomas oficiais da U. E.

Dicionario Logos: Dicionario multingüe o funcionamento do cal se describe con detalle aquí.

Grand dictionnaire terminologique: Banco bilingüe inglés-francés da Administración do Quebec, Canadá.

Base de Terminologie do Conseil International de la Langue Française. Datos en inglés-francés-castelán-alemán

Cercaterm: Banco do Centro de Terminologia de Catalunya. O número de linguas varía segundo as áreas de especialidade.

Onelook: Buscador que procura unha forma concreta en case 850 dicionarios electrónicos presentes na súa base de datos. Basicamente en inglés.

Michaelis. Moderno dicionário da língua portuguesa: Dicionario portugués que conta con máis de 200 000 entradas e subentradas, con especial atención ao léxico especializado.

Algunhas páxinas compiladoras de dicionarios e vocabularios en liña:

O tradutor virtual

Onelook

Yourdictionary

Ressources Internet da Universidade de Sherbrooke (Canadá)

Terminology collection

Máis ligazóns

Foro

Ligazóns

Índice de precisións

96

Emerxencias lingüísticas

 

A RAG, á hora de establecer a norma léxica do galego, determinou que a emerxencia só se lle recoñeza o significado de ‘acción e efecto de emerxer’, e desaconsella1 explicitamente o emprego desta forma cun sentido semellante ao de urxencia.

 

Pero a pesar desa recomendación a palabra “incorrecta” amosa unha grandísima vitalidade, tanto no ámbito da protección civil como no da medicina. No primeiro deles, acaba de aprobarse unha Lei de emerxencias de Galicia, existe desde hai anos un Centro de Atención de Emerxencias de Galicia, moitas organizacións dispoñen de plans de emerxencia (algún deles na boca de todos ultimamente), e cóntanse por centos as escaleiras e saídas de emerxencia instaladas nos edificios públicos. E outro tanto ocorre no terreo da medicina, onde descubrimos a existencia dun Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes de Galicia, de cursos universitarios e xornadas sobre esa mesma temática, etc.

En realidade, esta palabra vén remitindo a dous conceptos diferentes:

  • No contexto da protección civil e da seguridade cidadá, enténdese por emerxencia ‘unha situación sobrevida, de carácter inesperado, que afecta en menor ou maior grao a seguranza das persoas, dos bens ou do ambiente’ (definición tirada da Lei de emerxencias de Galicia).

  • No ámbito sanitario, unha emerxencia é ‘un tipo concreto de situación urxente que pon en perigo inmediato a vida do paciente ou a función dalgún órgano’. Esta definición amósanos ademais que unha urxencia é unha realidade diferente, como se podía intuír pola presenza contigua das dúas formas nas referencias citadas máis arriba. En efecto, a Organización Mundial da Saúde, define urxencia como a ‘aparición fortuita en calquera lugar ou actividade dun problema de causa diversa e gravidade variable que xera a consciencia dunha necesidade inminente de atención por parte de quen o sofre ou da súa familia’.

Chegados a este punto, podemos debater sobre a conveniencia de evitar ou non o emprego de emerxencia como denominación do primeiro dos conceptos. Pero para o segundo, dificilmente se poderá xustificar a substitución que recomendaba a RAG cando, de facela, estariamos fomentando a confusion entre dúas realidades diferentes que reciben tratamentos distintos na práctica médica no que ten que ver coa atención dedicada, os tempos de espera, etc.

En resumo, parece sensato asumir como adecuado o emprego de emerxencia como designación de ‘tipo concreto de situación urxente…’, tal e como fai o portugués (urgências vs emergências), o castelán (urgencias vs emergencias) ou o inglés (urgency vs emergency).

 

 


[1] Esta prescrición facíase xa no Diccionario da Real Academia Galega, publicado en 1997, e séguese mantendo no Dicionario castelán-galego de 2004.


© Área de Terminoloxía, SNL, USC
© canalciencia.com

Contacte connosco