Un idioma preciso

Área de Terminoloxía 
Servizo de Normalización Lingüística
USC

Un idioma preciso

preciso -a. adx. 

1.Exactamente determinado ou definido. 

2. Dise do que non é equívoco nin vago. 

3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.


A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.

Ligazóns


Dicionarios e bancos terminolóxicos

Dicionarios e vocabularios galegos

do Servizo de Normalización Lingüística da USC

da Xunta de Galicia

do Seminario de Lingüística Informática da U. de Vigo

máis materiais galegos

 Outros

Eurodicautom: Banco de termos da Comisión da U. E.  Datos en 12 idiomas oficiais da U. E.

Euterpe :Banco de termos do Parlamento Europeo) Datos en 12 idiomas oficiais da U. E.

Dicionario Logos: Dicionario multingüe o funcionamento do cal se describe con detalle aquí.

Grand dictionnaire terminologique: Banco bilingüe inglés-francés da Administración do Quebec, Canadá.

Base de Terminologie do Conseil International de la Langue Française. Datos en inglés-francés-castelán-alemán

Cercaterm: Banco do Centro de Terminologia de Catalunya. O número de linguas varía segundo as áreas de especialidade.

Onelook: Buscador que procura unha forma concreta en case 850 dicionarios electrónicos presentes na súa base de datos. Basicamente en inglés.

Michaelis. Moderno dicionário da língua portuguesa: Dicionario portugués que conta con máis de 200 000 entradas e subentradas, con especial atención ao léxico especializado.

Algunhas páxinas compiladoras de dicionarios e vocabularios en liña:

O tradutor virtual

Onelook

Yourdictionary

Ressources Internet da Universidade de Sherbrooke (Canadá)

Terminology collection

Máis ligazóns

Foro

Ligazóns

Índice de precisións

97

Obxectos de onte e de hoxe: ladrairos e laterais

 

Cando falamos de castelanismos en galego, sempre nos veñen á cabeza os exemplos clásicos do obxecto que ten un nome autóctono na súa versión artesá (billa, vasoira, tixola…) pero que, na súa versión industrial, trae pegada a denominación castelá (*grifo, *escoba, *sartén…).

 

Este tipo de intromisións do castelán no léxico galego son máis difíciles de detectar cando a palabra foránea tamén se emprega en galego, aínda que designando –é claro– un concepto diferente. E canto máis próximo estean eses dous conceptos, máis doada será a contaminación.

Isto é o que pasa cos ‘paneis fixos ou abatibles que cerran lateralmente unha plataforma de carga e permiten aumentar a súa capacidade’. En castelán coñécense co nome de lateral.[1] E como en galego esta palabra ten un significado cuxos trazos semánticos coinciden parcialmente, que comece a funcionar como denominación deste novo concepto parece case natural.

Pero un obxecto con esa mesma función e de forma moi semellante leva centos de anos empregándose no medio rural galego, onde se coñece co nome de ladrairo, ladral ou caínza.

Máis alá de diferenzas menores en canto a formas e materiais, parece que a identidade básica entre as dúas estruturas e evidente. E nesas circunstancias, ¿non sería mellor defender a transferencia da denominación tradicional ao obxecto moderno, igual que ocorreu no mesmo ámbito do transporte con pina (que pasou de aquí a aquí) ou con chumaceira (desde aquí ata aquí)?

 

Nós pensamos que si. E por iso apostamos por traer os ladrairos e os sobreladrairos desde os carros do país ata os remolques dos tractores e as caixas dos camións, e por desbotar o emprego de lateral para este concepto.

 

 


[1] Cando sobre un deles se coloca un segundo, fálase de sobrelateral.


© Área de Terminoloxía, SNL, USC
© canalciencia.com

Contacte connosco