| Un idioma preciso | preciso -a. adx.
1.Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.
Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada.
Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin. | | Ligazóns | Dicionarios e bancos terminolóxicos
Dicionarios e vocabularios galegos do Servizo de Normalización Lingüística da USC da Xunta de Galicia do Seminario de Lingüística Informática da U. de Vigo máis materiais galegos Outros Eurodicautom: Banco de termos da Comisión da U. E. Datos en 12 idiomas oficiais da U. E. Euterpe :Banco de termos do Parlamento Europeo) Datos en 12 idiomas oficiais da U. E. Dicionario Logos: Dicionario multingüe o funcionamento do cal se describe con detalle aquí. Grand dictionnaire terminologique: Banco bilingüe inglés-francés da Administración do Quebec, Canadá. Base de Terminologie do Conseil International de la Langue Française. Datos en inglés-francés-castelán-alemán Cercaterm: Banco do Centro de Terminologia de Catalunya. O número de linguas varía segundo as áreas de especialidade. Onelook: Buscador que procura unha forma concreta en case 850 dicionarios electrónicos presentes na súa base de datos. Basicamente en inglés. Michaelis. Moderno dicionário da língua portuguesa: Dicionario portugués que conta con máis de 200 000 entradas e subentradas, con especial atención ao léxico especializado. Algunhas páxinas compiladoras de dicionarios e vocabularios en liña: O tradutor virtual Onelook Yourdictionary Ressources Internet da Universidade de Sherbrooke (Canadá) Terminology collection Máis ligazóns |
|
| | 98 | Máis anglicismos superfluos: as
newsletters | Son xa bastantes as precisións que levamos dedicadas a comentar palabras inglesas que dificilmente van atopar encaixe na norma do galego dadas as dificultades que cómpre vencer á hora de escribilas ou pronuncialas. |
|
Formas como (e-learning,
screening,
feedback,
bullying…) comportan unhas combinacións de letras e sons que resultan anómalas para os nosos hábitos ortográficos e fonéticos; e amais, en moitos casos compiten cunha denominación galega preexistente que designa un concepto practicamente idéntico.
Outro exemplo que engadir a esa lista pode ser
newsletter,[1] a protagonista das liñas que seguen. Esta palabra designa en
inglés –e con frecuencia tamén en
galego– unha ‘publicación seriada (coma
esta ou
esta) formada por non máis dunhas poucas páxinas, dedicada a novas, anuncios e información de interese dirixida a un grupo especializado de subscritores ou membros dunha asociación ou organización, os cales a reciben polo simple feito de selo’.
A dificultade que as linguas románicas teñen para “dixerir” ese anglicismo ponse de manifesto en que na maioría delas se recomendan denominacións alternativas (PT:
boletim informativo; ES:
boletín de información; FR:
lettre d’information ou
lettre de diffusion).
Nos dicionarios e vocabularios técnicos galegos tamén atopan propostas que apuntan nesa mesma dirección: o
Léxico informático inglés-galego, por exemplo, aconsella usar
carta informativa, e o
glosario do
Centro de Competencias en Comercio Electrónico propón
boletín de noticias.[2]
Nós pensamos que intentar suplantar o anglicismo é o camiño máis atinado, basicamente polas razóns xa indicadas, pero tamén porque o seu grao de implantación e difusión en galego é abondo pequeno como para que a substitución teña posibilidades de éxito. | |
|
|
Á hora de optar por unha forma
alternativa, pensamos que
boletín (informativo, de noticias, de empresa…
segundo os contextos) describe moito mellor ca “carta” as
características básicas dese tipo de publicación. E se por riba
resulta que esta escolla nos achega ás linguas románicas
veciñas, pois… mel nas filloas! |
| |
|
|
[1] Se intentamos ler o que está escrito segundo as convencións do galego, oiriamos algo como “nevsléter”; e se intentamos transcribir a pronuncia ‘canónica’ do anglicismo, resultaría unha palabra como *niusleta. |
| |
|
| |
|
|