Un idioma preciso

Área de Terminoloxía 
Servizo de Normalización Lingüística
USC

Un idioma preciso

preciso -a. adx. 

1.Exactamente determinado ou definido. 

2. Dise do que non é equívoco nin vago. 

3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.


A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.

Ligazóns


Dicionarios e bancos terminolóxicos

Dicionarios e vocabularios galegos

do Servizo de Normalización Lingüística da USC

da Xunta de Galicia

do Seminario de Lingüística Informática da U. de Vigo

máis materiais galegos

 Outros

Eurodicautom: Banco de termos da Comisión da U. E.  Datos en 12 idiomas oficiais da U. E.

Euterpe :Banco de termos do Parlamento Europeo) Datos en 12 idiomas oficiais da U. E.

Dicionario Logos: Dicionario multingüe o funcionamento do cal se describe con detalle aquí.

Grand dictionnaire terminologique: Banco bilingüe inglés-francés da Administración do Quebec, Canadá.

Base de Terminologie do Conseil International de la Langue Française. Datos en inglés-francés-castelán-alemán

Cercaterm: Banco do Centro de Terminologia de Catalunya. O número de linguas varía segundo as áreas de especialidade.

Onelook: Buscador que procura unha forma concreta en case 850 dicionarios electrónicos presentes na súa base de datos. Basicamente en inglés.

Michaelis. Moderno dicionário da língua portuguesa: Dicionario portugués que conta con máis de 200 000 entradas e subentradas, con especial atención ao léxico especializado.

Algunhas páxinas compiladoras de dicionarios e vocabularios en liña:

O tradutor virtual

Onelook

Yourdictionary

Ressources Internet da Universidade de Sherbrooke (Canadá)

Terminology collection

Máis ligazóns

Foro

Ligazóns

Índice de precisións

99

Desmontando tingladillos nunha dorna

 

No ámbito da carpintaría de ribeira existe –como en case todos os oficios tradicionais– un inmenso volume de léxico técnico que podería e debería ser recuperado para a actividade moderna, neste caso, para o campo da construción naval industrial. Por iso, sorprendeunos bastante atopar en textos referidos a ese labor profesional unha forma de aparencia tan claramente castelá como tingladillo

 

Con esa denominación –que normalmente se documenta na expresión a tingladillo– alúdeseDorna. Orixinal en http://www.geocities.com/j.aldeia/barcos/galiza/galiza_dorna04.jpg nese idioma á ‘disposición das táboas do casco dalgunhas embarcacións menores que non se unen a tope en sentido lonxitudinal, senón que unhas montan parcialmente sobre outras’ (vid. ilustración). Como a súa orixe castelá parece clara (o diminutivo en -illo non engana),[1] haberá que determinar se estamos ante un castelanismo necesario (como tortilla, bocadillo, banderilla, guerrilla…) ou se é redundante ao competir con formas propias do galego.

E se temos en conta que esa forma de bancear o costado das embarcacións é tradicional en Galicia desde hai séculos, e chega a ser sinal característico dalgunhas, como a dorna, cabe intuír que tamén ha existir unha forma tradicional de referirse a ela.

E habelas hainas: en documentación que describe as diferenzas tipolóxicas entre as variedades de dornas, é frecuente atopalas divididas en dornas de tope (aquelas que levan as xuntas das táboas da obra viva unidas a tope) e dornas de calime ou de escarva (os costados bancéanse superpoñendo parcialmente as táboas en sentido lonxitudinal). Parece claro que estas últimas designan o mesmo tipo de embarcación da que se diría en castelán que está “construída a tingladillo”.

Chegados a este punto, a importación do castelanismo parece innecesaria, cando se pode defender e xustificar razoablemente a potenciación de calquera das dúas formas devanditas.[2] Polo mesmo motivo, pensamos que tampouco hai necesidade ningunha de propor denominacións novas, como a recollida no glosario Construción naval (tingladillo: armazón), con independencia de que neste caso concreto a proposta que se fai resulte xenérica de máis para designar con precisión o concepto.[3]

En resumo, pensamos que calime ou escarva poden e deben substituír con éxito un tingladillo, que agora xa se pode catalogar sen dúbidas como castelanismo superfluo. De termos que elixir soamente unha, a maior extensión no uso de calime, faríanos apostar por esta: así, pasariamos a falar de “construción en calime”, de “embarcacións banceadas a calime”, etc.

 

 


[1] Ademais, a palabra raíz de que deriva (tinglado) é tratada pola Real Academia Galega como unha forma que cómpre evitar, recomendando sempre outras denominacións galegas para referirse a calquera dos conceptos que designa: alpendre, alboio, cuberto… para o ‘sitio cuberto de forma lixeira que permite protexerse do ventimperio’ e lea, enredo, maraña… para a ‘situación confusa e axitada, normalmente acompañada de balbordo e tumulto’.

[2] De feito, nalgúns sitios da rede xa se viña recomendando esta alternativa.

[3] Esta falla de precisión débese, ao noso parecer, a unha mala identificación do concepto que se pretende nomear, xa que é definido como ‘conxunto de pezas de diferentes materias que forman a estrutura sobre a que sustenta algo’.


© Área de Terminoloxía, SNL, USC
© canalciencia.com

Contacte connosco