Un idioma preciso Precisión dos lectores 01

Un idioma preciso

 

preciso -a. adx. 

1.Exactamente determinado ou definido. 

2. Dise do que non é equívoco nin vago. 

3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.

 
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindíbel que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

Por iso, desde esta sección de canalciencia.com, coordinada pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisións", presentando para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. 

Cada número parte dun pequeno estudo elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles. Partindo dese traballo, convidamos a todas as persoas interesadas a opinar sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas, e a presentar e defender as súas propias alternativas no foro de debate creado para tal fin.
 
Ligazóns


Dicionarios e bancos terminolóxicos

Dicionarios e vocabularios galegos

do Servizo de Normalización Lingüística da USC

da Xunta de Galicia

do Seminario de Lingüística Informática da U. de Vigo

máis materiais galegos

 Outros

Eurodicautom: Banco de termos da Comisión da U. E. Datos en 12 idiomas oficiais da U. E.

Euterpe :Banco de termos do Parlamento Europeo) Datos en 12 idiomas oficiais da U. E.

Dicionario Logos: Dicionario multingüe o funcionamento do cal se describe con detalle aquí.

Grand dictionnaire terminologique: Banco bilingüe inglés-francés da Administración do Quebec, Canadá.

Base de Terminologie do Conseil International de la Langue Française. Datos en inglés-francés-castelán-alemán

Cercaterm: Banco do Centro de Terminologia de Catalunya. O número de linguas varía segundo as áreas de especialidade.

Onelook: Buscador que procura unha forma concreta en case 850 dicionarios electrónicos presentes na súa base de datos. Basicamente en inglés.

Michaelis. Moderno dicionário da língua portuguesa: Dicionario portugués que conta con máis de 200 000 entradas e subentradas, con especial atención ao léxico especializado.

Algunhas páxinas compiladoras de dicionarios e vocabularios en liña:

O tradutor virtual

Onelook

Yourdictionary

Ressources Internet da Universidade de Sherbrooke (Canadá)

Terminology collection

Máis ligazóns

 

Foro

Ligazóns

Índice de precisións

Algunhas cuestións sobre a adaptación do léxico científico

Ignacio Martínez

 

1. A formación dos nomes dos minerais e rochas. Os sufixos -ita e -ito
2. "Ya no hay trilob-ITES en el mar". Os nomes dos fósiles
3. Outra vez ás voltas cos nomes dos minerais. Os –litos e e as –litas
4. Ligazóns


1. A formación dos nomes dos minerais e as rochas. Os sufixos –ita e –ito

Un dos formantes cultos máis produtivos na formación de vocabulario científico é o sufixo –ita. Provén do grego –ites e en principio, remitía ás nocións de "orixe xeográfica" (sibarita, israelita ou moscovita ), "relación con" ( cenobita ou eremita) ou "seguimento de certa doutrina ou tendencia" ( monofisita, xesuíta ou prerrafaelita).

Mentres que con este valor a rendibilidade deste afixo foi bastante limitada, no ámbito da Xeoloxía e da Mineraloxía experimentou un extraordinario desenvolvemento ao tomarse o helenismo pyrites (de pyr "lume" + ites) como modelo para a creación analóxica doutros nomes de minerais e rochas.

A adopción polas distintas linguas románicas deste sufixo grego feminino, transmitido a través do latín tardío e medieval –ita, partiu presumiblemente da súa lectura francesa: -ite, da que proceden dúas formas:

  • -ite, forma compartida por portugués e italiano, linguas que simplemente se limitaron a darlle corpo fónico ao e final mudo do francés.

  • -ita, a adaptación do castelán, que, como adoita facer coas voces francesas femininas, transformou o e final mudo nun a. Esta forma, pola súa parte, pasaría ao catalán e ao galego. Tamén parece ser esta a forma dominante no portugués do Brasil.

  • Así se formaron, entre outros, os nomes dos seguintes MINERAIS:

     

    FRANCÉS

     

    ITALIANO

    PORTUGUÉS

     

    CASTELÁN

     

    CATALÁN

     

    GALEGO

    PORTUGAL

    BRASIL

    azurite

    azurite

    azurite

    azurita

    azurita

    azurita

    azurita

    calcite

    calcite

    calcite

    calcita

    calcita

    calcita

    calcita

    fluorite

    fluorite

    fluorite

    fluorita

    fluorita

    fluorita

    fluorita

    graphite

    grafite

    grafite

    grafita

    grafit

    grafito

    grafito

    magnetite

    magnetite

    magnetite

    magnetita

    magnetita

    magnetita

    magnetita

    pyrite

    pirite

    pirite

    pirita

    pirita

    pirita

    pirita

    siderite

    siderite

    siderite

    siderita

    siderita

    siderita

    siderita

    Con todo, francés, castelán e portugués contan, alén desta forma primaria, cunha variante masculina –ite ( no caso do francés) e –ito ( común ás outras dúas linguas), que substitúe en certos casos á anterior.

    No francés e no castelán este alomorfo só aparece, en realidade, nun grupo moi restrinxido de vocábulos, cuxos referentes ademais non comparten ningún trazo que os singularice dentro do campo dos minerais e rochas. Catalán ( coa adaptación –it ) e galego seguen nestes casos ao castelán.

    En contraposición, no portugués os derivados formados con esta variante masculina son bastante abundantes, dado que esta lingua optou pola especialización semántica das dúas adaptacións do sufixo grego, empregando con maior ou menor acerto o criterio de asignar –ito aos nomes de rochas e reservar os femininos –ite/-ita para os nomes de minerais.

    Vémolo no seguinte cadro de nomes de ROCHAS, no que destacamos en cor os termos masculinos:

    FRANCÉS(TILF)

    ITALIANO(GARZANTI)

    PORTUGUÉS(PORTO)

    CATALÁN(GDLC)

    CASTELÁN
    (RAE)

    GALEGO (VOLGA)

    andésite

    andesite

    andesito

    andesita

    andesita

    andesita

    bauxite

    bauxite

    bauxite

    bauxita

    bauxita

    bauxita

    diorite

    diorite

    diorito

    diorita

    diorita

    diorita

    evaporite

    evaporite

    evaporito

    evaporita

    evaporita

    evaporita

    kimberlite

    kimberlite

    kimberlito

    kimberlita

    kimberlita

    kimberlita

    lignite

    lignite

    lignito[1]

    lignit

    lignito

    lignito

    météorite

    meteorite[2]

    meteorito

    meteorit

    meteorito[3]

    meteorito

    pegmatite

    pegmatite

    pegmatito

    pegmatita

    pegmatita

    pegmatita

    quartzite

    quartzite

    quartzito

    quartzita

    cuarcita

    cuarcita

    ryolite

    riolite

    riolito

    riolita

    riolita

    riolita

    trachyte

    trachite

    traquito

    traquita

    traquita

    traquita

    Tendo en conta o exposto anteriormente, cabe facer as seguintes reflexións respecto da variante –ito:

  • resulta antieconómica, pois o número de vocábulos que a conteñen é ínfimo.

  • rompe innecesariamente a coherencia na nomenclatura de minerais e rochas, dado que, como xa se dixo, os termos que a levan non son individualizables dentro do grupo.

  • a vía portuguesa da súa especialización como formante de nomes de rochas non foi seguida por ningunha outra lingua: todas as demais empregan unha única adaptación de –ites para designar indistintamente tanto minerais como rochas, sendo este o criterio de nomenclatura que propugna a Asociación de Mineraloxía Internacional.

  • En conclusión, parece que non hai motivo ningún para dar cabida no galego a esta variante masculina. Xa que logo, conviría refacer desde unha lóxica autónoma as adaptacións desa pequena serie de elementos que entraron a través do castelán erradicando a forma –ito e substituíndoa coa máis etimolóxica –ita. Teríamos así que empregar os vocábulos GRAFITA, LIGNITA e METEORITA.

    As formas grafita e lignita non parecen que poidan ter grandes problemas de implantación no galego, pero no caso de meteorita a presión do uso de meteorito si que pode ser un obstáculo moi importante.

    Hai que ter en conta que meteorito é un vocábulo de uso popular, especialmente pola influencia do cinema de ficción científica norteamericano. O feito de que neste caso todas as linguas mencionadas coincidan en presentar formas "anómalas" masculinas fai sospeitar que todas elas proveñan do inglés meteorite.

    É interesante distinguir dous aspectos na definición de meteorito:

  • corpo sólido celeste que cae sobre a superficie terrestre volvéndose incandescente ao atravesar a atmosfera…

  • …composto en gran parte de ferro e níquel.

  • O primeiro aspecto é a referencia inmediata na linguaxe común e, neste sentido, a palabra aproxímase pola súa relación puramente xenérica co mundo pétreo, como se verá na sección 3, a aerólito e á familia dos –litos.

    O segundo trazo ( ser un tipo de rocha ), en troca, é o que interesa de modo específico á Xeoloxía e o que o achega á familia das –itas.

    A solución máis viable neste caso, se admitirmos meteorita, sería recomendar o uso desta forma no ámbito da Xeoloxía, para non romper a coherencia interna na nomenclatura das rochas, potenciar o emprego de aerólito na linguaxe científica e non condenar o emprego de meteorito no sentido máis xenérico da lingua común.

    2. "Ya no hay trilob-ITES en el mar".Os nomes dos fósiles

    Agora, tomando en consideración a análise anterior, imos facer na seguinte tabela unha revisión das adaptacións dos nomes en latín científico que reciben algúns fósiles.

    (Destacamos en cor os termos masculinos)

    LATÍN CIENTÍFICO

    FRANCÉS(TILF)

    ITALIANO(GARZANTI)

    PORTUGUÉS(PORTO)

    CATALÁN(GDLC)

    CASTELÁN(RAE)

    GALEGO (VOLGA)

    AMMONITES

    ammonite

    ammonite

    amonite

    ammoni

    amonites[4]

    amonita

    TRILOBITES

    trilobite

    trilobite

    trilobite

    trilobit

    trilobites

    trilobite

    NUMMULITES

    nummulite

    nummulite

    numulite

    nummulit

    numulites

    numulita

    BELEMNITES

    bélemnite

    belemnita[5]

    belemnite

    belemnit

    belemnites[6]

    belemnita

    CALAMITES

    calamite

    calamita

    calamita

    calamit

    calamita

    calamita

    GRAPTOLITHUS

    graptolit(h)e

    graptolito

    graptólito

    graptòlit

    ___

    ___

     

    Nos cinco primeiros casos da tabela anterior os termos do latín científico foron cuñados a partir de raíces gregas ou latinas ás que se lles engadiu o xa comentado sufixo grego –ites, que estende unha vez máis o seu uso, desta vez á formación de nomes de fósiles.

    • AMMONITES, cuñado a partir do latín (cornu) Ammonis, deus exipcio representado cuns cornos de carneiro que se asemellaban ao fósil.

    • TRILOBITES, formado partindo do grego trílobos, por estar dividido o corpo deste fósil en ‘tres lóbulos’.

    • NUMMULITES, derivado do latín nummulus, diminutivo de nummus ‘moeda’, en referencia á forma da cuncha deste animal.

    • BELEMNITES, que parte do grego bélemnon ‘xavelina’, de novo por unha relación de semellanza.

    • CALAMITES, proveniente do grego kálamos ‘cana’.

    Como vemos na tabela anterior, hai unha tendencia maioritaria nas linguas románicas por adaptar estes cultismos respectando o xénero etimolóxico feminino. En troca, o catalán opta por unha adaptación sistemática masculina en -it, e o castelán vacila entre latinismos de xénero non etimolóxico masculino e formas adaptadas femininas. Na orixe destas formas masculinas estará influíndo moi probablemente o propio xénero da palabra fósil.

    No caso do galego, dúas parecen ser entón as vías máis axeitadas para o tratamento destes vocábulos:

    a) Mantemento dos latinismos, partindo da base de que son termos científicos de uso restrinxido. Deberían empregarse as formas a(m)monites, TRILOBITES, num(m)ulites, belemnites e calamites, respectando o seu xénero etimolóxico feminino.

    b) Adaptación ao galego. O resultado debería ser daquela unha serie homoxénea de palabras femininas rematadas en –ita e, por tanto, cumpriría falar de amonitas, TRILOBITAS, numulitas, belemnitas, e calamitas.

    Caso á parte o constitúe o último fósil: o GRAPTOLITHUS, composto que aparece en 1744 no Syst. Nat., Regnum Lapideum de Linneo e que está formado a partir dos elementos gregos graptos "gravado" e lithos "pedra". Cumpre por tanto, dada a súa orixe, a súa adaptación como vocábulo masculino e, consoante a cantidade vocálica do i do sufixo ( -lithus), acentualo na antepenúltima sílaba: GRAPTÓLITO como recomenda o VOLGA para outros compostos do grupo dos –litos como aerólito, coprólito, megálito, etc.

    3. Outra vez ás voltas cos nomes dos minerais. Os –litos e e as –litas

    E xa para rematar, unha nota sobre o formante culto –lito, do que acabamos de falar. Provén, como dixemos, do grego –lithos ( ‘pedra’ ), a través do latín –lithus.

    FRANCÉS(TILF)

    ITALIANO(GARZANTI)

    PORTUGUÉS(PORTO)

    CATALÁN(GDLC)

    CASTELÁN
    (RAE)

    GALEGO (VOLGA)

    aerolit(h)e

    aeròlito

    aerólito

    aeròlit

    aerolito

    aerólito

    coprolithe

    copròlito