Fósiles característicos

Actividades

1º ciclo de ESO

2º ciclo de ESO

«Índice

1º ciclo ESO

Facer un molde dun fósil:

Para facer un molde dun fósil precisámo-los seguintes materiais:

  • plastilina

  • escaiola

  • un pincel

  • aceite de oliva

  • pinturas

  • botellas de plástico de auga cortadas

  • ... e fósiles

Hai que escolle-los fósiles que máis non gusten pero tendo en conta que poden ser moi delicados. Os moldes serán mellores canto máis relevo teñan os fósiles.

  1. Preparamos un bloque de plastilina duns catro centímetros de grosor e de maior superficie có fósil escollido
  2. Prememos cun pouco de forza o fósil contra a plastilina e vemos se quedou a pegada  do fósil gravada
  3. Co pincel mollado en aceite de oliva untámo-la plastilina (é para evitar que o molde quede pegado).
  4. Nunha das botellas de auga cortadas preparamos un pouco de escaiola, botando primeiro o xeso, logo a auga e despois amasando a mestura.
  5. Vertémo-la escaiola no oco que quedou na plastilina e agardamos a que seque.
  6. Cando a escaiola estea dura e seca, quitámo-la plastilina.
  7. Podemos pinta-lo molde para que teña un maior parecido co fósil orixinal.

^


Con papel de pouco peso, un lapis brando, carbón ou con papel calcante, trata de obter un calco da codia de Lepidodendron e outro de Sigillaria. Compara os resultados.

^


  Con coidado podes obter calcos das frondes de fentos (Alethopteris e Pecopteris) e das follas de Annularia. Pon encol do fósil un papel de pouco peso e pasa por riba un papel calcante, carbón ou un lapis brando. ¿Que diferencias aprecias entre as fronde dos fentos e Annularia?. ¿Es quen de aprecia-la diferencia entre as pínnulas de Alethopteris e as de Pecopteris?

^


Ás veces é posible observa-las plaquiñas que forman o cacho dos ourizos mariños. ¿Que forman teñen?. ¿Cal dos ourizos mariños das fichas (Micraster e Echinocorys)é regular e cal é irregular?. ¿Por que?.

^

 

2º ciclo ESO

Imaxínate que atopas un xacemento cunha gran cantidade de amonitas coa mesma forma. Hai, sen embargo, exemplares de dous tamaños diferentes e non aparecen exemplares de tamaños intermedios. ¿Cantas especies cres que hai nese xacemento? ¿Por que?.

^


Para identificar correctamente o fósil dun molusco (por exemplo, dun bivalvo ou dun gasterópodo) ¿que é máis útil, o molde interno ou o molde externo do fósil?. ¿Que parte dun animal representan os moldes internos?. ¿Para que son útiles?.

^


Na ficha de Paradoxides aparecen dous exemplares de cores diferentes: un vermello e outro amarelo. ¿Que minerais poden se-los responsables desas cores?. ¿Que indican esas cores e os minerais respecto das características climatolóxicas da época de formación dos fósiles?.

^


No occidente de Canadá existen arrecifes fósiles con corais, trilobites, braquiópodos espiriféridos e crinoideos. ¿Cal pode se-la idade dese xacemento?. ¿Cales eran as condicións climáticas dese lugar canda vivían eses animais?. ¿Por que?.

^


As amonitas eran animais nectónicos: podías nadar libremente dun lado para outro. Tendo en conta ó grupo zoolóxico ó que pertencen ¿cal podería se-lo seu método de desprazamento?.

^


Pescuda e busca na biblioteca ou en Internet:

  • ¿Cal é o meirande trilobite atopado

  • ¿Cales foron as causas da desaparición dos mamuts?. Busca novas sobre a aparición de mamuts enteiros e conxelados?

  • Os equinodermos adultos teñen simetría radial pero as larvas teñen simetría bilateral. ¿Que lle ocorre á larva para formar un adulto co devandito cambio da súa simetría?.

^


Fíxate ben nos exemplares de fósiles de fentos do Carbonífero. ¿Hai un único tipo de frondes ou aparecen máis?. ¿Como pensas que era o medio ambiente onde medraron esas plantas?.

^