|

Estructura
xeral dunha amonita.
As amonitas foron moluscos cefalópodos, como os polbos e as
luras, con cunchas externas enrodeladas e de simetría bilateral. Viviron
dende o Devónico ata o Cretáceo, desaparecendo xusto antes da raia K-T.
A forma da cuncha e moi variada: as voltas poden estar apoiadas ou
poden envolver, en grao variable, á volta anterior. A superficie pode ser
lisa ou con costelas (Pachidiscus), pugas e espiñas (Mammites).
Tamén o tamaño é moi variable, dende un par de centímetros ata os dous
metros de diámetro dalgúns exemplares de Pachidiscus. Coñécense
unhas 620 especies diferentes de amonitas.
Á dereita tres amonitas xurásicos:
Hildoceras, Harpoceras e Aegoceras
representantes dos amonitas de costelas dobradas en forma de fouciño.
Ligazóns

Pachydiscus sp. do
Cretáceo
Mammites sp. do
Cretáceo.
|
|
|

Ammonites
© IES
Auga da Laxe

Hildoceras bifrons.
© Paleontologisk Museum, Universidade de
Oslo.

Harpoceras
exaratum.
© Paleontologisk Museum, Universidade de
Oslo.

Aegoceras
capricornum.
© Paleontologisk Museum, Universidade de
Oslo.
|