|

Réplica de dente de
Carcharodon.
© IES Auga
da Laxe
Os únicos restos fósiles dos tiburóns adoitan se-los seus dentes.
Os dentes de Carcharodon son triangulares e anchos cun suave
escote na súa raíz. Tales pezas convertían ás mandíbulas de
Carcharodon nun xigantesco coitelo afiado. Os meirandes dentes poden
chegar ós quince centímetros de lonxitude pertencentes a animais de máis
de vintecinco metros de lonxitude.
O escote e a forma do dente
son as razóns para que ata o século XVIII, a xente crera que eran
linguas petrificadas de serpe (as glosopétreas), atribuíndolles
propiedades protectoras contra os velenos, en particular os das cobras.
Para Plinio o Vello, as glosopétreas caían do ceo durante as eclipses de
Lúa.
|