Fósiles característicos

Crinoideos

Devónico
Mariño
Filo : Equinodermos Clase: Crinoideos
 
-
-
-

..........

 

Estructura dun crinoideo

Estructura dun crinoideo. 


Os Crinoideos son equinodermos sedentarios, que permanecen ancorados ó substrato por un talo longo e segmentado, formado por unha columna de ósos de calcita que ten un oco central. Encol do talo está o cáliz protexendo as partes brandas do animal. Do cáliz saen cinco brazos móbiles, longos e ramificados. Os brazos filtraban a auga mariña para obter alimento e levalo ata a boca.

Por estar compostos de múltiples partes articuladas é difícil atopar fósiles completos. Trala morte do animal separábanse tódalas pezas que en vida estaban recubertas dun tecido fino e elástico polo que o esqueleto de carbonato de calcio pódese considerar un verdadeiro esqueleto interno. 

Abundan os restos fósiles formados por agrupacións dos segmentos do talo.

Os exemplares da dereita pertencen á subclase Camerados, animais exclusivos do Paleozoico.

Ligazóns

 

 

Ctenocrinus sp.

Ctenocrinus sp.

© Paleontologisk Museum, Universidade de Oslo.


Acanthocrinus sp.

Acanthocrinus sp.

© Paleontologisk Museum, Universidade de Oslo.

 

Acanthocrinus sp.


Acanthocrinus sp.

© Paleontologisk Museum, Universidade de Oslo.