|

Esqueleto de
Mamut. Modificado de © Natur Historika
Riksmuseet.
Os elefantes e mailos mamuts europeos están representados por catro
especies: Mammuthus meridionalis, M. trogontherii, Elephas
antiquus e E. primigenius. Os mamuts lanudos eran animais
adaptados ó frío (orellas pequenas, longo e espeso pelame,
abundante graxa). Canda o remate da última glaciación foron
retrocendo cos xeos. Os derradeiros viviron ó principio do Holoceno
en Siberia.
Os restos fósiles son dentes e móas, enormes
cairos, ósos e, mesmo, animais enteiros conxelados.
Os molares presentan unha gran superficie mastigadora, arcos transversais
superficiais e unha estructura laminar.
Ligazóns
|
|
|

Dente de Mamut.
© College of Science, Wayne State
University

Molares de Mamut (dereita) e
Mastodonte.
©
Kansas Geological Survey.

Composición sobre o molar
de mamut da fotografía anterior, mostrando os arcos
transversais.
|