|

Dous graptolites: Cyrtograptus sakmarinus (espiral) e
Pristiograptus nudus.
Modificado de © Michael Melchin, St.
Francis Xavier University.
Os
graptolites eran animais planctónicos que vivían dentro dun tubo dun
milímetro de lonxitude chamado teca. Os animais tiñan un lofóforo
formado por varios tentáculos ciliados e antenas. O interior da teca
estaba revestido por unha proteína dura. As
tecas estaban dispostas formando unha vara que recibe o nome de rabdosoma.
Os rabdosomas estaban distribuídos radialmente e unidos a un flotador ou
pneumatóforo. Cada 'graptolite' é unha colonia formada por
animais individuais.
Os
fósiles dos graptolites semellan garabatos escritos nunha pedra.
Mirando máis de preto semella a folla dentada dunha serra. Cada dente da
serra é a teca que gardaba ó animaliño.
Dos
graptolites non se conservan partes brandas. Os animais morrían, caían
ó fondo mariño e, co tempo, formábase o fósil. Existiron dende o Cámbrico
medio ata o Carbonífero inferior, pero non se atopan facilmente e si son uns bos
fósiles característicos do Ordovícico e do Silúrico. Durante moito tempo a súa
identidade foi un misterio para os paleontólogos.
Ligazóns
|
|
 Graptolites.
© IES Auga da Laxe

Monograptus
spiralis
© Biodidac.

Graptolites
© IES Auga da Laxe.
|