| Vocabulario |
|
||||||||||||
| A |
AmonitaGrupo de moluscos cefalópodos fósiles. Malia que case todos presentan cunchas enrodeladas nunha espiral plana, forman un grupo moi diverso. Coñécense dende o Devónico e extiguíronse no Cretáceo. |
ArtrópodosGrupo de animais invertebrados con apéndices articulados e corpo segmentado cuberto por un esqueleto externo que cambia cada certo tempo. |
| B |
BentónicoAplícase ó referente ó fondo mariño. Un animal bentónico é o que vive desprazándose polo fondo mariño. |
BivalvosGrupo de moluscos mariños e de auga doce formados por dúas cunchas ou valvas que protexen un corpo sen cabeza diferenciada e un pé en forma de machado. |
BirrameApéndice característico dos trilobites formado por dúas pólas, unha dedicada á natación e á respiración, a outra ó desprazamento polo fondo mariño. |
BraquiópodosGrupo de animais mariños co corpo protexido por dúas cunchas, unha dorsal e outra ventral, que tamén garda os tentáculos que forman o lofóforo. Hoxe existen unhas trescentas vintecinco especies e coñécense máis de doce mil especies fósiles. |
| C |
CalcariaRocha sedimentaria que ten na súa composición un mínimo dun cincuenta por cento de carbonato de calcio. A súa orixe pode ser biolóxica, química ou detrítica. |
CarboníferoPeríodo do Paleozoico que comezou hai 362,5 millóns de anos e rematou hai 290 millóns. Caracterízase polo asolagamento de grandes extensións de terra e as fragas de fentos arborescentes, equisetos e outras plantas. |
CefalónÉ a cabeza ou rexión anterior dun trilobite. Está formado por cinco segmentos fusionados e, normalmente, ten forma semicircular. A rexión central e máis avultada é a glabela e, disque, protexía o estómago do animal. |
CefalópodoGrupo de moluscos mariños. Caracterízanse por te-la cuncha interna ou non ter ningunha, a cabeza está ben diferenciada do resto do corpo e o pé transformado en tentáculos con ventosas e rodeando a boca. Son cefalópodos fósiles as amonitas e as belemnitas. Son cefalópodos actuais os polbos e as luras. |
ColoniaAgrupación de animais dunha mesma especie que forman, aparentemente, un único corpo. |
CondríctiosPeixes mariños con esqueleto cartilaxinoso, cola heterocerca e sen vexiga natatoria. Son condrictios os tiburóns, as quenllas e as raias. |
CordadosAnimais que teñen un cordón nervioso dorsal protexido por unha estructura máis ou menos ríxida. |
CormoÉ o corpo das plantas superiores formado pola raíz, o talo e as follas, con fibras e vasos conductores. |
CretáceoPeríodo de tempo que comezou hai 144 millóns de anos e rematou hai uns 65 millóns de anos coa extinción dos grandes réptiles (dinosauros, ictiosauros e outros) e moitos grupos de invertebrados (por exemplo, as amonitas e as belemnitas). É o último período do Mesozoico. |
CrinoideosEquinodermos mariños co corpo en forma de cáliz e provistos de cinco brazos bifurcados. Vive suxeito ó fondo mariño por medio dun pedúnculo. |
| D |
DevónicoPeríodo do Paleozoico que comezou hai 408 millóns de anos e rematou hai 360 millóns. Os fósiles máis característicos son os braquiópodos espiriféridos (Spirifer). |
DicotomíaTipo de ramificación vexetal no que cada punta dun órgano divídese en dúas máis. |
| E |
EquinodermosAnimais mariños invertebrados co corpo redondo, cilíndrico ou en forma de estrela, cubertos dun esqueleto calcario. Teñen espiñas e a boca na parte interior central. Hoxe existen unhas seis mil especies e coñécense unhas vinte mil especies fósiles. Son equinodermos actuais os ourizos de mar ou as estrelamares. |
EquinoideosSon o grupo de equinodermos constituído polos ourizos
de mar, caracterizado polo corpo globoso, un esqueleto de placas
fusionadas formando un cacho provisto de pugas. |
EquisetoPlanta herbácea de talo recto, articulado e oco, rizoma reptante, follas unidas interiormente por unha vaíña e con ramificación verticilada. |
EsporanxioÓrgano vexetal no que se producen ou almacenan esporas. |
| F |
FaciesConxunto de caracteres nunha entidade xeolóxica (rocha, estrato...) que reflicte as condicións ambientais da súa formación. |
ForaminíferosProtozoos mariños con cachos de carbonato de calcio que protexe o protoplasma celular. O cacho ten furados para permiti-la saída de pseudópodos. |
FrondeFolla ramificada dos fentos que está formada por numerosas pínnulas. |
| G |
GasterópodosGrupo de moluscos cunha única cuncha e forma de espiral. En algúns animais a cuncha non existe (por exemplo, nas lesmas). |
| H |
HemicordadosGrupo de animais invertebrados cun eixe esquelético chamado estomocorda e un cordón nervioso dorsal. Teñen numerosas fendas branquiais ó comezo do tubo dixestivo. |
HolocenoÚltimo dos períodos xeolóxicos que comprende os tempos actuais. Comezou hai dez mil anos despois da última glaciación. |
| L |
LíasPrimeira e a máis vella das divisións do período Xurásico. Os fósiles máis comúns son a amonita Dactilyoceras e o molusco bivalvo Gryphaea. |
LofóforoÓrgano característico dalgúns invertebrados acuáticos que funciona coma un filtro para a alimentación. Está formado por unha roda de cilios que rodea a boca dos animais. Tamén funciona como órgano respiratorio. |
| M |
MastodonteMamífero do mesmo grupo cos elefantes e mamuts (proboscídeos) que tiña dúas defensas rectas (dentes incisivos) en cada mandíbula. |
MolarPeza dental de coroa ampla coa superficie adaptada á mastigación. |
MoluscoGrupo de animais invertebrados de corpo brando, protexido por unha cuncha máis ou menos dura e que malgúns casos pode non existir. O corpo está dividido en cabeza, pé e masa visceral. Existen unhas 50.000 especies. |
| N |
NácaraSubstancia dura e branca formada por laminás de aragonita e conchiolina. Está formando a capa interior das cunchas dos moluscos gasterópodos e dos moluscos bivalvos. É característico o brillo con escintileos irisados que produce cando incide a luz. |
| O |
OrdovícicoPeríodo do Paleozoico que comezou hai 505 millóns de anos e rematou hai 438 millóns. Son característicos os trilobites dos xéneros Calymene e Diacalymene. |
| P |
PaleozoicoÉ a primeira das grandes divisións da historia xeolóxica da Terra. Comezou hai uns 570 millóns de anos e rematou hai 245 millóns de anos. Está dividida en seis períodos: Cámbrico, Ordovícico, Silúrico. Devónico, Carbonífero e Pérmico. Os fósiles máis característicos son os trilobites, graptolites, braquiópodos e os grandes fentos. |
PeriproctoÁrea ó redor do ano de moitos invertebrados. |
PeristomaÁrea ó redor da boca de moitos invertebrados. |
PínnulaFolla de pequeno tamaño que forma a última división das frondes dos fentos. |
PixidioÉ a zona posterior ou placa caudal dos trilobites. O seu perfil é redondeado ou alongado e de tamaño variable. Está formado por varios segmentos. |
PneumatóforoÓrgano de flotación das colonias de graptolites formado por unha bolsa chea de gas. |
ProtistoGrupo de seres vivos unicelulares eucariotas que pode ter caracteres intermedios entre as células animais e vexetais. |
PteridospermaGrupo de plantas extinguido (un orde das Ximnospermas) que foron as primeiras en ter sementes. Teñen aspecto de fento e durante moito tempo pensouse que tal eran. O seu período de máxima abundancia foi o Carbonífero. Desapareceron no Cretáceo. |
| R |
Raia K-TCapa de sedimentos que separa o Cretáceo do Terciario, caracterizada pola abundancia de iridio, atribuída ó impacto dun asteroide, responsable da extinción masiva no remate do Cretáceo. |
RizomaTalo subterráneo disposto en horizontal e perpendicular á parte aérea. |
| T |
TerciarioPeríodo xeolóxico que comezou co Paleoceno hai sesenta e cinco millóns de anos e rematou co Plioceno hai pouco máis de cinco millóns de anos. |
TriásicoPrimeiro dos tres períodos do Mesozoico. Comezou hai 245 millóns de anos e rematou hai 208 millóns de anos co comezo do Xurásico. |
TrilobitesGrupo de artrópodos fósiles co corpo segmentado dividido en tres partes: cefalón, tórax e pixidio. Cada segmento tiña un par de apéndices birrames, cunha póla para o desprazamento polo fondo mariño e outra póla con función respiratoria. |
| V |
VerticiloConxunto de pólas ou follas que nacen á mesma altura e forman un círculo ó redor do talo. |
| X |
XurásicoPeríodo de tempo que comezou hai 208 millóns de anos e rematou hai uns 144 millóns de anos. Os fósiles máis comúns son os braquiópodos, os bivalvos e as amonitas. Ó final do período dominado polos réptiles apareceron as primeiras aves. É o segundo período do Mesozoico, despois do Triásico e antes do Cretáceo. |