Todos os libros de canalciencia.com

A

Acabo de llegar  
Stephen Jay Gould


En español
Nos planos de Stephen Jay Gould esta ía ser a derradeira escolma de ensaios. A súa morte non deixou outra opción.Contra 1977, o paleontólogo estadounidense comezou a recompila-los seus ensaios publicados en Natural History (hai unha traducción en español de 1983 dese primeiro volume Desde Darwin, Reflexiones sobre historia natural,e en portugués Darwin, os grandes enigmas de vida, de 1987). Acabo de chegar é unha colección de vintesete artigos sobre historia natural e ‘catro pezas curtas’ dedicadas ó atentado neoiorquino do once de setembro. 

Ed. Crítica

Un detective llamado ADN. José Antonio Lorente.Un detective llamado ADN 
José Antonio Lorente


En español
O Profesor Lorente publica esta obra en Temas de Hoy dedicada ás aplicacións da análise de ADN aos asuntos legais e propios da Criminalística.

Temas de Hoy

Animales de nuestras ciudadesAnimales de nuestras ciudades
Varios autores

En español
Unha guía de campo publicada por Planeta coas especies de animais máis correntes nas cidades: mamíferos, réptiles, anfibios, aves, moluscos, peixes, insectos... todos preto de nós. O libro recolle datos da súa bioloxía, identificación, distribución e hábitat, ademais doutros importantes para a súa observación.

Ed. Planeta 

El arte de los jardines modernosEl arte de los jardines modernos
Horace Walpole (1717-1797)

En español
Walpole ofrece unha historia da arte de facer xardíns. O seu punto de partida é radicalmente oposto ao xardín francés de liñas rectas, e a prol da nova estética do xardín inglés que nace no século XVIII.

Ediciones Siruela

Atapuerca y la evolución humana

En español
Co gallo do comezo da exposición itinerante o equipo das escavacións de Atapuerca editou este libro.
Din que non é un catálogo da exposición senón un repaso á historia da evolución humana. 
O libro está editado pola Fundació Caixa Catalunya, ten 156 páxinas a color, 200 fotografías e ilustracións.

Fundació Caixa Catalunya

B

Biología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humanaBiología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humana
Daniel Soutullo 

En español
A Fundació Víctor Grífols i Lucas vén de concederlle ao biólogo galego Daniel Soutullo o seu Premio de Investigación. Daniel Soutullo é un recoñecido especialista en Bioética e asiduo conferenciante en centros de ensino e investigación de todo o país. A súa obra en galego está publicada pola Editorial Laiovento e na revista Grial. Ademais, ten publicado artigos de divulgación científica no xornal El Correo Gallego e na revista Natureza Galega. Daniel Soutullo é profesor de Bioloxía no IES Monte da Vila do Grove.
O premio da Víctor Grífols i Lucas concedéronllo polo seu libro Biología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humana  (Talasa Ediciones, 2005), un estudo sobre o verdadeiro valor da bioloxía na conduta humana, analizando, en especial, tanto a teoría sociobiolóxica clásica, a de Edward O. Wilson, como as súas pólas máis recentes

Talasa Ediciones

O burro. Manuel Mandianes.O burro 
Manuel Mandianes

Os burros desaparecen dos campos e van quedando nas lendas, contos e cantigas. Manuel Mandianes escribiu este libro que é unha vindicación deste animal e o estudio etnográfico máis importante que hai sobre o burro.

Ir Indo

C

O castiñeiro, bioloxía e patoloxía O castiñeiro, bioloxía e patoloxía  
Ernesto Viéitez Cortizo
María Luisa Viéitez Madriñán
Francisco Javier Viéitez Madriñán

O Consello da Cultura Galega puxo na Rede esta obra  que constitúe unha ampla e minuciosa análise sobre o castiñeiro, que abarca desde a súa presencia no mundo ata as grandes enfermidades que o azoutan.  
 

Consello da Cultura Galega
Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe.

El cerebro de BrocaEl cerebro de Broca
Carl Sagan


En español
A primeira edición en inglés é de 1974. En edicións posteriores Carl Sagan engadiu novos ensaios a este clásico da divulgación científica.
O libro está estruturado en cinco partes dedicadas, respectivamente, a Ciencia e interese humano, Os fabricantes de paradoxos, O noso espazo próximo, O futuro e Cuestións postremas. Un anexo ó capítulo sete (Venus e o doutor Velikovsky) completa a obra.

Ed. Crítica

La conquista de la Luna. Ricado Artola.La conquista de la Luna
Ricardo Artola


En español
Publicado en 1999, este libro recolle a historia da carreira espacial entre Estados Unidos e a Unión Soviética por chegar á Lúa.
Ademais do texto, o libro vén ilustrado cunhas interesantes imaxes e varios apéndices: un glosario, táboas cronolóxicas, unha táboa resumo das misións estadounidenses, un índice con breves notas biográficas dos protagonistas e a bibliografía empregada e comentada.

Ed. Espasa- Calpe

La constitución de la materia y de los cuerpos, y las acciones químicas de los mismos
Gabriel de la Puerta y Magaña

En español
Bornet poñe outro texto en formato electrónico a disposición de todos. Trátase dunha obra que recolle o coñecemento sobre a constitución material dos corpos na década dos oitenta do século XIX. A obra é o discurso de ingreso do autor na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.

Gabriel de la Puerta y Magaña, foi socio fundador da Real Sociedade Española de Historia Natural e catedrático da Facultade de Farmacia da Universidade de Madrid.

Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe.

CosmosCosmos
Carl Sagan

En español
Todo un clásico da divulgación científica. Baseado no programa televisivo de trece episodios, Cosmos  explica o desenvolvemento parello da ciencia e da civilización. Imprescindible.

Ed. Planeta

Os Cotos de Chaín. Margarita Miramontes Castro e Purificación González Martínez, IEM.Os Cotos de Chaín
Margarita Miramontes Castro
Purificación González Martínez

O Instituto de Estudos Miñoranos publicou este libro sobre os outeiros rochosos, os cotos, de Chaín, en Gondomar.O libro está estruturado en seis capítulos. Os catro primeiros son unha introdución á Xeoloxía e ás características xeolóxicas dos cotos. O quinto describe  doce dos cotos de Chaín e o sexto propón unha rota circular para percorrelos. Un anexo dedicado á Xeoloxía de Galiza e un glosario completan o volume.

As autoras, Margarita Miramontes Castro e Purificación González Martínez, son profesoras no IES Auga da Laxe de Gondomar e no IES de Tomiño, respectivamente.

Instituto de Estudos Miñoranos

D

Os dados do reloxeiro
Xurxo Mariño

Recompilación do artigos de Xurxo Mariño en culturagalega.org e ilustrado polo Carrabouxo.

Consello da Cultura Galega

Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe.

De Darwin ao ADNDe Darwin ao ADN
Daniel Soutullo

A análise de Daniel Soutullo das implicacións sociais dos problemas biolóxicos: o 'determinismo biolóxico', o desenvolvemento  da teoría evolutiva darwiniana e as cuestións derivadas do desenvolvemento da bioloxía molecular e dos métodos de procreación asistida.

Ed. Laiovento

El dedo de GalileoEl dedo de Galileo
Peter Atkins

En español
El dedo de Galileo é unha escolma da dez principais ideas da ciencia dos nosos tempos, asuntos tales como a estructura atómica da materia, a herdanza e o ADN, a energía...

Espasa-Calpe

Diccionario das Ciencias da Natureza e da Saúde
Luís Daviña Facal

A Deputación da Coruña edita este diccionario, indispensable no proceso de normalización lingüística.

Deputación da Coruña

Diccionario das ciencias e das técnicas de Galicia (1868-1936)
X. A. Fraga Vázquez e A. Domínguez (coordinadores)

Dicionario con 121 autores científicos e técnicos da historia científica e técnica do país, con descricións das súas contribucións e algunhas notas biográficas.

Publicacións do Seminario de Estudios Galegos

Diccionario esencial de las cienciasDiccionario esencial de las ciencias
Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais

En español
En español, un dicionario básico para comprender a realidade científica. Recolle 22.000 termos científicos, 500 biografías, artigos especializados, fórmulas, táboas... Verdadeiramente esencial e imprescindíbel.

Espasa-Calpe

 Diccionario dos seres míticos galegos
Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda, Lázaro Enríquez


Un dos máis fermosos libros editados nos últimos anos. 
Con toda a verdade sobre os animais, plantas e as outras persoas do país.

Ed. Xerais

Dicionário terminológico quadrilíngue de Zoologia dos invertebrados
Carlos Garrido

Unha obra que recolle o vocabulario específico da zooloxía dos invertebrados en catro linguas:   alemán, inglés, español e galego.

AGAL (Associaçom Galega da Língua)

Discurso del método
René Descartes


En español
Nun principio foi o texto introdutorio a tres ensaios Dióptrica, Meteoros, Xeometría pero terminou converténdose nunha das obras máis importantes da filosofía e a ciencia.

Neste enderezo pódese acceder a unha versión electrónica da Biblioteca Virtual Cervantes.

Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe.

A doutrina do ADNA doutrina do ADN. A Bioloxía como ideoloxía
Richard Lewontin

Neste libro examínase as manifestacións peculiares da ideoloxía científica moderna, e os camiños errados por onde nos conduciu. Considera como o determinismo biolóxico foi usado para explicar e xustificar as desigualdades dentro e entre as sociedades e  a inmutabilidade de tales desigualdades. 

Ed. Laiovento

E

Eis os láseres Eis os láseres
Eduardo García Parada, Pío M. González Fernández

Logo da construción do primeiro láser no ano 1960, o nivel de desenvolvemento e implantación acadado na nosa sociedade é enorme. A súa presenza na nosa vida cotiá é posiblemente moito maior do que podemos imaxinar. E de seguro que non é unha tecnoloxía de aplicacións limitadas, senón que nos vindeiros anos ha estar aínda máis preto de nós.

Ed. Laiovento

El testimonio de las moscas 
M. Lee Goff


En español
O autor é un entomólogo forense, profesor da Universidade de Hawaii. Neste libro describe as súas experiencias cos insectos na resolución de asasinatos.

Alba Editorial

Elementos de zoologíaElementos de zoología
Laureano Pérez Arcas


En español
Neste enderezo da Biblioteca Virtual Bornet está publicada esta estupendo tratado de zooloxía de 1886. 
O autor foi catedrático de Zooloxía da Universidade Central. en Madrid, e socio fundador da Real Sociedad Española de Historia Natural.

Biblioteca Virtual Bornet
Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe.

En busca de los neandertalesEn busca de los neandertales
Christopher Stringer
e Clive Gamble

En español
Obra clásica de dous especialistas británicos en paleoantropoloxía. 
Unha análise exhaustiva dos neandertais: a súa orixe, o seu mundo e a relación coa nosa especie, vista desde as dúas teorías predominantes: a multirrexional e da "Arca de Noé".

Ed. Crítica

EnigmáticaEnigmática
Lluís Segarra


En español
Un libro de xogos matemáticos e problemas de números, puntos, liñas, xadrez...

Ed. Círculo de Lectores

Ese voluminoso cerebroEse voluminoso cerebro
Nick Arnold
e Tony de Saulles

En español
Un dos libros da colección Esa horrible ciencia
Este é o número quince dos máis de vinte títulos desta colección que permite un achegamento divertido á ciencia.

Editorial Molino

EurekaEureka. Conquistas de la ciencia en el siglo XX
Malén Ruiz de Elvira


En español
Un repaso á situación do coñecemento científico deste fin de século e ó camiño recorrido ata hoxe. 
A autora é unha das mellores periodistas científicas e podemos seguir os seus traballos no xornal El País.

Temas de Hoy

Eurekas e euforias. Walter GratzerEurekas e euforias 
Walter Gratzer


En español
A Editorial Crítica presenta este volume con máis de duascentas anécdotas dos protagonistas do desenvolvemento da ciencia dos últimos séculos. 
O libro está organizado en 181 pequenos capítulos, cun índice de materias e outro de nomes.Ademais da curiosidade por coñecer algúns dos episodios máis interesantes do quefacer científico, a lectura de Eurekas e euforias fará que pasemos momentos moi divertidos.

Editorial Crítica

F

A minha família e outros animais. Gerald Durrell.A minha família e outros animais 
Gerald Durrell


En portugués
A Editorial Presença publica en portugués A minha família e outros animais, a primeira obra da triloxía de Corfú. O libro conta a historia da familia Durrell canda a súa estadía na illa do Mediterráneo. En español está publicada por Alianza Editorial.

Editorial Presença

Filetes de lenguadoFiletes de lenguado
Gerald Durrell


En español 
Un dos máis divertidos libros do naturalista inglés. Son seis relatos curtos das experiencias de Durrell coas persoas e outros animais.

Alianza Editorial

Flora Mycologica Iberica 6Flora Mycologica Iberica 6
Julia Checa


En español
O proxecto Flora Mycologica Iberica vén de publicar o seu volume número seis.
A autora é a investigadora da Universidade de Alcalá.  Consta de 162 páxinas e 46 figuras. A obra ten unha chave de especies ibéricas para cada xénero estudado.

 Real Xardín Botánico

Folla de bacallau
Xabier Paz

O relato-crónica da pesca do bacallau desde o punto de vista do biólogo que é  Xabier Paz.

Ed. Xerais

El futuro es un país tranquiloEl futuro es un país tranquilo
José Manuel Sánchez Ron


En español
Un ensaio de ciencia ficción, baixo a forma dunhas cartas dirixidas a Isaac Newton,  sobre a fin da ciencia e da capacidade de descubrir polas limitacións humanas.  A trama transcorre no século XCVII e expón o desenvolvemento das ciencias e o coñecemento humano. 

Espasa-Calpe

G

A guerra dos mundosA guerra dos mundos
H. G. Wells


A guerra dos mundos  foi escrita por Herbert G.  Wells en 1898. Catro anos antes (1894), Marte situouse moi próximo á Terra, Schiaparelli publicou as súas observacións dos canali marcianos e un astrónomo, M. Javelle, "observou" unha estraña luz no planeta vermello.  A guerra do mundos  é a narración  dunha invasión marciana á Terra.

Edicións Xerais

Guía das macroalgas de Galicia
Jorge Otero, Patricia Comesaña, Marisa Castro

Unha guía en papel en un CD-ROM que recollen a descrición das macroalgas costas do País. Acompañan ás ilustracións, interesantes notas da bioloxía de cada especie e algunhas ideas para o seu aproveitamento.

Baía Edicións

H

Hierro en las espinacas... y otras creenciasHierro en las espinacas... y otras creencias
Jean-François Bouvet et al.


En español
Verdades e non tan verdades de crenzas baseadas en feitos científicos. É certo que a cor vermella capta a atención dos touros?, adelgazan ou non os produtos light? e 41 ideas máis neste interesante libro.

Taurus

Historia de las teorías evolucionistas.Historia de las teorías evolucionistas
J. Templado


En español
Unha exposición resumida do desenvolvemento histórico das ideas evolucionistas. A súa lectura permite situar as diferentes teorías sobre o cambio biolóxico no devir histórico. 

Editorial Alhambra

Historia de los espejos
Mark Pendergrast 


En español
O autor é coñecido por Dios, patria y Coca-Cola , unha historia da bebida oficial do imperio. En Historia de los espejos, Pendergrast traza unha crónica poliédrica de todos os 'obxectos reflectores'. Unha marabilla. 

Editorial Vergara

Historia del tiempo
Stephen Hawking


En español
Un dos mellores libros de divulgación científica de todos os tempos. A primeira edición en español foi  publicada en 1988.

Crítica

El hombre que amaba los númerosEl hombre que amaba los números
Paul Hoffman


En español
A vida do matemático Paul Erdös e a súa busca da verdade matemática. O escritor, Paul Hoffman é o editor da Encyclopaedia Britannica. O libro non é só unha biografía de Erdös, Hoffman aproveita para divulgar as áreas e campos matemáticos que foron obxecto do traballo do gran matemático.

Ediciones Gránica

O home invisible 
H. G. Wells

Esta  obra de H. G. Wells é  unha fábula das vantaxes e inconvenientes da "vida na invisibilidade". Con A guerra dos mundos e A máquina do tempo, O home invisible completa unha triloxía de ciencia ficción de H. G. Wells.

Edicións Xerais

I

Instrucción sucinta ...Instrucción sucinta ...
Edición facsímile comentada por Javier López Linage e Juan Carlos Arbex

Esta publicación recolle a acción de dous barcos, Descubridor  e Explorador, armados pola Real Compañía Marítima para a investigación e a experimentación de artes de captura no mar. Por primeira vez en España, e quizais en Europa, un barco era dotado exclusivamente para estes fins e Galicia pasaba a ser pioneira na investigación pesqueira.

Consello da Cultura Galega, Museo de Mar de Galicia


Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe

Inventario de las áreas importantes para los anfibios y reptiles de EspañaInventario de las áreas importantes para los anfibios y reptiles de España
X. Santos, M. Carretero, G. Llorente, A.Montori


En español
A situación herpetolóxica dos espazos protexidos españois. Feito por 90 herpetólogos da Asociación Herpetolóxica Española e publicado polo Ministerio de Medio Ambiente, conta con 5 apartados dedicados aos espazos protexidos do noso país.

AHE

K

 Karl Blossfeldt. FotografíasKarl Blossfeldt. Fotografías

En español
Unha escolma das fotografías de Karl Blossfeldt (1865-1932), fotografías de plantas, flores, fentos... mostrando os deseños da natureza. Moitas das fotografías veñen acompañadas dun comentario.

Ed. B. Taschen

Kepler
Max Caspar

En español
Esta é a referencia absoluta sobre o gran astrónomo suabo. Max Caspar dedicou máis de dous terzos da súa vida á dirección da edición das obras completas de Kepler e a elaboración desta biografía. Publicouse por vez primeira en 1948.

Acento Editorial

L

Las leyes del cieloLas leyes del cielo
Juan Antonio Belmonte


En español
Sobre 'astronomía e civilizacións antigas' e a orixe da medición do tempo e a elaboración de calendarios. O libro está composto por seis capítulos que recolle a tradición europea e as  influencias recibidas das civilización sumerias, babilónicas e exipcias.
O autor é investigador do Instituto Astrofísico de Canarias (IAC) e director do Museo de la Ciencia y el Cosmos  do Cabildo de Tenerife.

Ed. Temas de hoy

 Lingua e CienciaLingua e ciencia
Luís Daviña Facal

Aclaracións das nosas dúbidas e correccións dos erros máis frecuentes no manexo dos termos científicos.
 

Edicións Xerais

La lógica del titiritero. Pablo Rodríguez Palenzuela. Editorial Ateles.La lógica del titiritero
Pablo Rodríguez Palenzuela 

En español
Ateles Editores e Editorial Hélice presentan este volume do biólogo Pablo Rodríguez Palenzuela, profesor do Departamento de Biotecnoloxía da Universidade Politécnica de Madrid.
La lógica del titiritero é unha análise das nosas vidas, un estudo do fundamento biolóxico subxacente na conduta humana. A súa exposición está encadrada na liña de pensamento da que, no panorama internacional, Steven Pinker é a voz máis coñecida.
Nos nove capítulos do libro, Rodríguez Palenzuela analiza as nosas relacións cos demais (sexo, celos, familia...) busca a súa raíz biolóxica, probando, ademais, a invalidez do chamado determinismo xenético. Rodríguez Palenzuela situase respecto á vella sociobioloxía,  explica os argumentos da psicoloxía evolutiva e aclara os cualificativos de adaptacionismo e reducionismo aplicados, despectivamente, a está póla.
Este libro de Pablo Rodríguez Palenzuela é unha obra de grande interese para todos os que traballamos a prol da incorporación do coñecemento científico á cultura xeral e, especialmente, para os profesionais do ensino.

Ateles Editores e Editorial Hélice

LongitudLongitud
Dava Sobel


En español
A historia novelada da resolución do problema da lonxitude terrestre.

Ed. Debate

M

Manual de Evoluçom e Sistemática Manual de Evoluçom e Sistemática
Walter Sudhaus e Kaus Rehfeld

Carlos Garrido é o tradutor desta obra "feita com o intuito de oferecer a estudantes e professores de Biologia de fala galego-portuguesa -da Galiza e de Portugal, em primeiro lugar- um material didáctico rico em argumentaçom teórica e em sugestões práticas que venha a preencher umha lamentável lacuna editorial num dos campos mais antigos e hoje mais fervilhantes da investigaçom biológica: o da Evoluçom e Sistemática e, nomeadamente, o da sistemática Filogenética".

Edicións Laiovento

 Manual de Galego CientíficoManual de Galego Científico
Carlos Garrido e Carles Riera

Carlos Garrido é Profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. O seu " Manual..." é unha áxil obra de consulta para, entre outras cousas,  aplicar axeitadamente a terminoloxía científica da nosa lingua. Un índice de termos con más de 10.000 voces é unha axuda única para resolver nun anaco moitas das nosas dúbidas.

Universália. AGAL (Associaçom Galega da Língua)

As marés negras
Adela Leiro, Mon Daporta, Marta Lois, Manuel Domínguez

Un completo repaso ás mareas negras que veñen escarallando os sete mares, cunha especial atención (como non pode ser doutra maneira) á "historia negra do Prestige". 

A Nosa Terra

La matemática del siglo XXLa matemática del siglo XX
Piergiorgio Odifreddi 


En español

Katz Editores presenta  esta obra nun formato sorprendente cómodo e cunha edición moi coidada. 
No século XX demostráronse máis teoremas que en todo o curso da historia da Matemáticas. Neses cen anos atopáronse aplicacións en todos os eidos da ciencia e das humanidades.  La matemática del siglo XX  consta de  cinco capítulos dedicados aos Fundamentos, Matemática pura, Matemática aplicada, A matemática e o ordenador e Problemas sen resolver. Complementan o volume, un capítulo sobre os problemas e as conxecturas, unha listaxe dos gañadores dos principais premios en Matemáticas (Fields, Wolf, Turing) e un índice de nomes.
Dun xeito sinxelo, o autor deste volume reconstrúe os logros, as ideas, os resultados, os protagonistas e mais os problemas aínda non resoltos. Unha obra de doada lectura sen perda algunha do rigor científico.
Prema aquí ou encol da imaxe se precisa máis información.

Katz Editores

Una mente prodigiosa. Sylvia Nasar.Una mente prodigiosa
Sylvia Nasar

En español
Quen veña de ver o filme xa terá unha idea da vida de John Forbes Nash. Sen embargo, o libro é o libro ;-)Nash, un matemático xenial, padeceu de esquizofrenia dende moi noviño. Contra 1949, doutorouse cunha abraiante tese sobre a Teoría de Xogos. Logo marchou ó famoso MIT e...Unha autobiografía (en inglés) está colgada no sitio do Nobel e-Museum, co gallo da concesión a Nash do Premio Nobel de Economía de 1994.

 

1000 grandes científicos1000 grandes científicos
Manuel Alfonseca


En español
As biografías e contribucións á ciencia dos 1000 científicos e científicas máis importantes de todos os tempos. 

Espasa

MilleniumMillenium
Stephen Jay Gould

En español
Xa pasado o 2000 cómpre lembrar e coñecer algunhas cousas sobre o que é o milenio. O libro é de 1997 e, como di o título, vén sendo unha "guía racionalista para unha conta atrás arbitraria pero precisa".

Ed. Crítica

Moléculas en una exposiciónMoléculas en una exposición
Johm Emsley

En español
Materiais e substancias químicas que afectan a nosa vida cotiá. A cafeína, o selenio, os salicilatos, cloruro sódico... aparecen nesta galería de retratos.

Ed. Península

Los muertos también hablan
William R. Maples

En español
Relato dos casos deste antropólogo forense, que foi conservador do Museo de Historia Natural de Florida e un dos pioneiros da especialidade.  O orixinal en inglés publicouse en 1994.

Alba Editorial

Mujeres Premios NobelMujeres Premios Nobel
Ulla Fölsing


En español
As biografías das nove primeiras mulleres en obter o Premio Nobel nas tres categorías relacionadas coa ciencia: física, medicina e química. O libro é de 1990 (a edición orixinal) e falta Christiane Nüsslein-Volhard, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1995 e as gañadoras posteriores. O libro remata coas historias doutras cinco científicas merecedoras do premio, "eclipsadas polos seus compañeiros masculinos".

Ed. Alianza Editorial

Museo de Historia Natural : descripción y costumbres de los mamiferos, aves, réptiles, peces, insectos, etc. ...Museo de Historia Natural : descripción y costumbres de los mamiferos, aves, réptiles, peces, insectos, etc. ...

En español
Velaí vai o enderezo dun libro electrónico, unha alfaia dixitalizada e publicada na Rede pola

Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe.

Biblioteca Cervantes Virtual.

N

Naufraxios no Mar de VigoNaufraxios do Mar de Vigo
Francisco Díaz Guerrero

Unha recompilación da trintena de naufraxios ocorridos no mar de Vigo durante o século XX. Todo tipo de embarcacións remataron os seus días dende as Cíes ata San Simón e, con elas, centos de traballadores.

Ed. Xerais

Nicolás Copérnico
Benito Arbaizar Gil 

A vida e o significado da obra de Nicolás Copérnico, completado cunha escolma de textos e un glosario. 
Un libro de pequeno formato de Baía Edicións

Baía Edicións

Nociones de Fisiología e Higiene
Joaquín González Hidalgo

En español
Trátase dunha obriña de consulta para estudantes de ensino secundario que se pode consultar na Rede a traveso da revista electrónica Bornet. Foi publicada en 1883.  Ten 200 páxinas con 75 gravados e unha lámina en cores.

O autor, Joaquín González Hidalgo (1843-1923), foi socio fundador da Real Sociedade Española de Historia Natural.

Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe.

A nosa hortaA nosa horta
Xesús Cordeiro Budiño, Mª Consuelo Davila Villar, Andrés Nuñez Rajoy

A nosa horta  é un manual encamiñado a corrixir, orientar e confirmar as boas prácticas agrícolas dentro das nosas casas e partindo da nosa realidade.

Ed. Xerais

O

El origen de los continentes y los océanos
Alfred Wegener


En español
Velaquí unha das obras máis importantes da ciencia do século pasado. É o texto onde Wegener propuxo a súa teoría da Deriva Continental, un cambio radical nas concepcións da evolución da Terra.

Círculo de Lectores

A orixe das especies
Charles Darwin

A USC edita en galego a obra senlleira da historia da ciencia.
A primeira edición apareceu o 24 de novembro de 1859 e vendéronse todos os exemplares no mesmo día.

USC

El origen de las especies por medio de la selección naturalEl origen de las especies por medio de la selección natural
Charles Darwin

En español
Neste enderezo da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes está publicada esta obra crucial para a historia da ciencia. 
A edición dixital está baseada na edición de Calpe de 1921, traducida por Antonio de Zulueta.

Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe.

P

Da periferia á Rede Da periferia á Rede
Daniel Romero e Isabel Vaquero

Segundo din os seus autores ...é o primeiro achegamento á situación de Galicia na sociedade da información non dende unha perspectiva tecnolóxica, senón tentando salientar a importancia de dispoñer de contidos propios e na lingua do país, con especial atención á Internet. E non hai máis que engadir.

Ed. Xerais

Perros. Una nueva interpretación sobre su origen, comportamientoPerros. Una nueva interpretación sobre su origen, comportamiento y evolución.
Raymond Coppinger e Lorna Coppinger

En español
Un libro sobre os cans baseado nas súas características biolóxicas, explicando a súa orixe e adaptación aos ambientes humanos. Os autores, biólogos, levan máis de corenta anos criando, adestrando e estudando aos cans.

Ateles Editores-KNS Ediciones 

Los pescadores del Norte y Noroeste de España
Benigno Rodríguez Santamaría
Introdución de Francisco Calo Lourido


Los pescadores del Norte y Noroeste de España, unha investigación etnográfica e sociolóxica de excepcional importancia que analiza dun xeito moi preciso a vida dos pescadores cantábricos na primeira década do século XX.
De balde en : 
Consello da Cultura Galega; Museo de Mar de Galicia

Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe. Ollo! PDF de 20,2 MB

Presa
Michael Crichton  

En español
Volve Crichton cunha novela onde mestura a enxeñería xenética, a informática e a nanotecnoloxía. O resultado é unha nube de nanobiomáquinas que é quen de autoreproducirse e aprender.

Plaza Janés

El pulgar del panda
Stephen Jay Gould

En español
Un dos libros de ensaios de Stephen Jay Gould. 
Coma a meirande parte dos libros de divulgación de Gould El pulgar del panda é un volume dedicado á reflexión sobre a Historia Natural e a Evolución.

Ed. Crítica

Q

A quimera do xenoma humano
Richard C. Lewontin

Laiovento presenta na súa colección Breviarios, esta obra de Richard Lewontin (1929) onde expón o que podemos agardar da definición da secuencia do xenoma humano e criticando o entusiasmo creado con este proxecto.

Edicións Laiovento

Química recreativa
I. Vlasov e D. Trifonov 


En español
Vai para dezasete anos que a Editorial Akal publicou esta obriña de historias e contos químicos sempre interesantes.

Editorial Akal

R

De RevolutionibusDe Revolutionibus
Nicolás Copérnico


Latín
Neste enderezo pódese ver unha copia da obra de Copérnico Nicolai Copérnico Thoruniensi de revolutionibus orbium coelestium libri VI, é dicir, Seis libros de Nicolás Copérnico de Torún, sobre as revolucións das esferas celestes. A obra e as páxinas están escritas en latín. As imaxes das páxinas están en formato jpg.

 Disponible de balde en Internet.  Prema encol da imaxe.

Rumbo al cosmosRumbo al cosmos
Luis Ruiz de Gopegui


En español
As viaxes das astronaves e das sondas espaciais aos planetas do sistema solar, ao cometa Halley... e mailos observatorios e telescopios orbitais descritos polo ex director dos programas da NASA en España.

Ed. Temas de Hoy

S

Seres galegos das augas
Xoán Xosé Teijeiro 

Logo de toda a merda do Prestige que será dos dezaseis seres míticos acuáticos recollidos nesta obra de Xoán Xosé Teijeiro. Citas literarias, lendas e contos e da tradición oral do país.

Editorial Toxosoutos

O sistema do mundo
Isaac Newton 

Isaac Newton publicou Principios matemáticos da Filosofía Natural en Londres, contra 1687). O terceiro libro destes Principios foi publicado un ano despois da súa morte como obra independente (De mundi systemate, 1728), que na súa tradución á lingua galega e baixo o título O sistema do mundo constitúe o volume número 5 da colección Clásicos do Pensamento Universal. Trátase dunha obra capital que marca un dos puntos de inflexión máis importantes na historia do pensamento científico.

USC

T

Tyrannosaurus rex y el cráter de la muerte.Tyrannosaurus rex y el cráter de la muerte
Walter Álvarez

En español
A hipótese do impacto de Álvarez e o seu grupo, que supuxo unha revolución no eido paleontóloxico da década dos oitenta do século pasado.

Ed. Crítica

U

El Universo en una cáscara de nuez.El Universo en una cáscara de nuez
Stephen Hawking


En español
Unha guía para comprender o Universo estruturada coma unha árbore, o tronco os dous primeiros capítulos e os cinco seguintes as pólas. As ilustracións son un vieiro alternativo ó texto.

Circulo de Lectores- Crítica

V

Viajes de herborización por GaliciaViajes de herborización por Galicia
Baltasar Merino


En 1987, o Seminario de Estudios Galegos publicou, en edición facsímile, esta obra de Baltasar Merino, cun estudio preliminar de Díaz-Fierro Viqueira e Fraga Vázquez. A obra orixinal do Padre Merino publicouse en Razón y Fe unha revista mensual do xesuítas.

Seminario de Estudios Galegos

El Viaje del BeagleEl Viaje del Beagle
Charles Darwin


En español
O diario da viaxe máis importante para a bioloxía moderna, seica para a civilización do século XX.

 

Viaxar polo Universo
Inés Ben González, Manuel Díaz Regueiro

É un libro e un CD-ROM, en galego, dedicados á divulgacións das cousas do Universo: estrelas, constelacións, outros obxectos, fenómenos astronómicos...

Edicións Allegue

La vida maravillosaLa vida maravillosa
Stephen Jay Gould


En español
A teoría do equilibrio puntuado do desaparecido e célebre paleontólogo. Dende o xacemento paleontolóxico de Burgess Shale:Anomalocaris, Sanctacaris, Actaeus, Odaraia, Hallucigenia...

Ed. Crítica

Vocabulario de Matemáticas Vocabulario de Matemáticas 
Xosé M. Masa Vázquez (coor.)


Contra 1995 o  Servizo de Normalización Lingüística da USC publicou esta obra, unha completa escola de termos e locucións  matemáticos en catro linguas: galego, español, inglés e portugués.

USC

Volcanes
Varios autores


En español
Recompilación de 13 artigos sobre Vulcanoloxía publicados en Investigación y Ciencia.

X

Os xenes e o futuro humanoOs xenes e o futuro humano
Daniel Soutullo


Os conceptos básicos da xenética e a influencia desta ciencia biolóxica na sociedade.

Ed. Laoivento

 Canal Ciencia 1999-2008