Portada

Contacto

canalciencia.com

Boletín de novas da ciencia

 

LIGAZÓNS DE CANAL CIENCIA





































 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



A

 

A noite está varrida da Terra: A recreación dunha época de descubrimentos e de como a luz eléctrica pouco a pouco foi chegando a todos os campos da vida galega dende o seu descubrimento.

AcquariumGalicia: O primeiro acuario galego ofrece un programa medioambiental coidadoso co contorno. Reúne 150 especies con máis de 1500 individuos.

ADEGA: A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, máis de 25 anos dedicada ó estudio e defensa do patrimonio natural galego.

AECEA :É o sitio da Asociación Española de Científicos Experimentais Afeccionados, un punto de encontro para todos os que dedican o seu tempo de lecer a fedellar con vellos aparellos, ferranchos e inventar novos e orixinais instrumentos. Na páxina está o enderezo para contactar con ela e, ademais, unha relación de ligazóns moi interesantes, por exemplo, unha para saber que facer cos nosos microondas cando sexan uns ferros vellos.

AEGA, Asociación Entomolóxica Galega Luís Iglesias: A AEGA ten como obxectivos a realización de todo tipo de actividades lícitas encamiñadas ao estudo e mellor coñecemento da entomofauna, con especial dedicación á galega

AGAPEMA: A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática quere asociar a todas aquelas persoas relacionadas co campo da Educación e coas Matemáticas, sexa cal sexa o nivel ou a etapa educativa no que desempeñan o seu traballo.

Álbum da Ciencia: Sección de Culturagalega.org dedicada á recuperación  dos protagonistas da modernización científica, cultural e educativa de Galicia no primeiro terzo do século XX
 

Amigos da Terra: Sitio na Arañeira desta organización caracterizada polo apoio ás iniciativas que van xurdindo e axuda a mellorar o noso contorno dende a práctica e a acción.

Atlas de Historia Antiga: Todos os mapas históricos que poden ser consultados nas páxinas da área de Historia Antiga da Universidade de Zaragoza. Conta con cinco seccións: o oriente próximo, o mundo grego, o mundo romano, a península ibérica e Aragón.

AREA NEGRA: Velaquí o sitio na Rede da coordinadora da cadea humana de xaneiro de 2003. 

ASOCIACIÓN CIENCIA-HOY: É unha organización arxentina dedicada á divulgación da produción científica do seu país. Mantén unha interesantísima revista na rede.

Asociación Astronómica Coruñesa Io: Na Agrupación Astronómica Coruñesa Io realizan actividades de observación no contorno da Coruña e saídas especiais a outros lugares de interese astronómico.Ten un importante núcleo de astrofotógrafos. 

ASTROCITY: Un espazo aberto a todos os afeccionados á Astronomía. Conta con 1335 ligazóns, clasificadas en 12 categorías: Astronáutica, Historia, Sistema Solar... Ademais, foro e chat sobre asuntos da astronomía.

Aves do Val Miñor: Trátase dun blog- caderno de campo dedicado ao estudo e rexistro das aves que viven ou van pasar unha tempada no Val Miñor.

 

B

Biodidac: Recursos para o ensino da bioloxía. Dende a Universidade de Ottawa, en inglés e francés, textos, vídeos, imaxes e sons.

Bioloxía: Unha completa web dedicada á Bioloxía e feita por Lourdes Luengo, profesora do IES de La Rábida, Huelva. 

Bioxeo: Como eles mesmo din BioXeo nace coa intención de investigar as posibilidades que Internet ofrece na ensinanza e na aprendizaxe da Bioloxía e a Xeoloxía. E iso é o que hai: ligazóns a recursos, propostas didácticas, WebQuest...

BioPress: Está na Rede BioPress, a revista electrónica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago.

BlueSky : Unha fiestra de R aberta ó ceo. Actualizacións coas novidades da astronomía e a meteoroloxía.

The Brain Explorer: Son unhas páxinas feitas para nenos de 9 a 12 anos e que, xogando, coñezan cousas do cerebro.

C

 

Canal Verde de Vieiros: Xestionada pola Federación Ecoloxista Galega informa todas as semanas de calquera asunto relacionado co medio ambiente (protección, educación ambiental, denuncias de agresión ao contorno medioambiental).

Casa das Ciencias: É unha institución do Concello da Coruña, creada no ano 1983. Dela dependen Planetarium, a Domus (Casa do Home) e o Aquarium (Casa dos Peixes).

CEMMA: A CEMMA é a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños. Os seus obxectivos son o estudio e conservación dos mamíferos mariños e a promoción de todas aquelas accións de divulgación que permitan que o público coñeza a situación destes animais.

Ciencia Divertida: As coñecidas páxinas de Antonio Varela. Non visitalas, polo menos unha vez á semana, é un pecado grave.

Ciencianosa: Ciencianosa é un programa da TVG que fai un repaso ás cuestións máis interesantes da ciencia, ademais de visitar os centros de investigación máis importantes do país. A dirección de Ciencianosa é responsabilidade de Xosé Durán que tamén o presenta xunto a María Solar. Xurxo Mira é o asesor científico.
No sitio de
Ciencianosa na CRTVG podemos ver os programas emitidos desde o doce de agosto de 2006 até hoxe. Ciencianosa emítese os domingos, contra as 10:00, e ten unha duración duns 30 minutos.

Citat de les arts i les ciències: O sitio na rede da espectacular cidade dedicada ás ciencias en Valencia.

Clickworkers: A NASA precisa que lle boten unha man na identificación de cráteres marcianos. Para iso desenvolveu un proxecto interactivo chamado Clickworkers para clasificar os cráteres marcianos.

Climateprediction.net: É outro proxecto semellante ao coñecido SETI@home que reclama a participación dos internautas para predicir os cambios do clima global durante este século.

Clube Compostelán de Astronomía Vega: Unha asociación de astrónomos afeccionados de Santiago de Compostela, e a súa intención é divulgar a astronomía.

Coastwatch Galicia: CoastWatch é unha rede de voluntarios e voluntarias interesados no estudo da contaminación e nos usos e abusos do litoral europeo.

Código Cero: É o diario tecnolóxico de Galiza. Actualizado cada día, recolle todas as novas da tecnoloxía, con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

Colexio Oficial de Biólogos de Galiza: O sitio profesional dos biólogos e biólogas galegos. Información sobre os estudos, o traballo dos biólogos...

Cosmoeduca: É un programa do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) dedicado aos estudantes de ESO e bacharelato. Trátase dunhas páxinas con materiais didácticos sobre a Gravitación

 

D

 

Os dados do reloxeiro: Tal é o nome da sección de divulgación científica (en galego!) que desde hai varios meses, Xurxo Mariño mantén en culturagalega.org. Para facilitarmos o acceso aos xa publicados, hai un arquivo de todos os textos e, ademais, as súas ligazóns preferidas ou o seu traballo no Laboratorio Neurocom da UDC e no célebre MIT.

Deep Space 1: É a primeira misión da NASA que depende da enerxía solar. A nave leva un sistema de propulsión iónica.

Delights of Chemistry: Unha páxina abraiante sobre Química con 40 experimentos explicados cun texto e imaxes. Imprescindíbel.

Dennis Kunkel:Sitio deste microfotógrafo da Universidade de Washington que contén centos de microfotografías cos máis variados temas científicos.

Descubrir: Suplemento de divulgación de O Correo Galego.

Disección virtual dunha ra: Abraiante sitio onde podemos fozar nunha ra, sacarlle a pel, os ósos... sen causar dano ningún aos pobres animais. Hai sete idiomas para escoller. 

Divulc@t, ciencia e tecnoloxía Era o coñecido portal en español dedicado á divulgación científica.

E

 

Educalia: É un programa educativo que a Fundació La Caixa desenvolveu na Rede para a comunidade que forman os nenos e mozos de 3 a 18 anos, as súas familias e os seus profesores. Ademais doutros recursos, contan cunha interesante colección de talleres de medio ambiente, ciencias e tecnoloxía.

El Mundo-Ciencia: Son as páxinas na Rede do xornal El Mundo dedicadas ás novidades da Ciencia.

Elementos de Química: Abeiradas no sitio do Concello da Coruña están estas páxinas dedicadas ao ensino da Química. O autor é Pedro Fernández Cortés e ten contidos e actividades axeitados aos cursos de ESO e bacharelato.

Encefalopatía Esponxiforme Bovina: A páxina da Administración Xeral do Estado sobre a enfermidade. Na sección con información científica publican o informe Phillips de 1998, presentado diante do parlamento británico.

Estación de viticultura e enoloxía de Galicia: Páxinas deste centro de investigación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia, adscrito á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Etna: Unha completa web sobre o volcán siciliano. Ten de todo.

Eumetsat: É unha organización formada polos estados membros da Unión Europea. Contribúe á observación meteorolóxica con satélites artificiais cos programas de satélites xeoestacionarios, como o famoso Meteosat

Exploratorium: Un museo cun carácter semellante á Casa das Ciencias da Coruña e fundado en 1969.

F

 

FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA: A Federación Ecoloxista Galega (FEG) agrupa á maioría das asociacións ecoloxistas activas de Galicia. 

Fenómenos meteorolóxicos extremos: Un sitio novo dedicada ao rexistro destes sucesos atmosféricos que ocorren en España. Os responsábeis son meteorólogos profesionais e afeccionados á meteoroloxía.

Fermilab: O famoso acelerador de partículas.

Física con ordenador: Unha estupenda páxina de Ángel Franco García da Escola de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Eibar. Ademais de entretidos problemas físicos, o sitio contén un completo curso interactivo de Física.

Flying Spaghetti Monster (FSM): Unha divindade en forma dunha maraña de espaguete con dúas albóndegas, nacida en Estados Unidos como reacción á proposta do Consello de Educación do estado de Kansas de introducir nas escolas o ensino do deseño intelixente (?)

Fósiles da Escuela Cima: Colección de fósiles recollidos por alumnos e profesores da Escuela Cima, México.

A Foz do Miñor: Esta páxina, feita polos alumnos e alumnas do IES Val Miñor de Nigrán, mostra as características dunha das zonas máis fermosas do país.

Fundación Dian Fossey: sede virtual da fundación dedicada a Dian Fossey, a zoóloga estadounidense defensora dos intereses dos gorilas de montaña.

FUNDASISMICA: É unha fundación de El Salvador para a investigación sísmica e mais a enxeñería estrutural.

G

 

Galileo Galilei: Visita virtual ao seu sitio no Museo da Ciencia de Firenze.

H

 

Hábitat: A sede virtual do Grupo Naturalista Hábitat, fundado na Coruña en 1979, e dedicado ao estudo e á conservación das especies e os ecosistemas galegos máis ameazados. 

Homo webensis: É un sitio dedicado á divulgación científica e ao pensamento crítico. Publica as súas novidades en formato de blog. 

Hormigas ibéricas: É o sitio da Asociación Ibérica de Mirmecoloxía. Recolle a clasificación das formigas da península ibérica con imaxes, mapas de distribución e datos da súa bioloxía. Polo seu contido é un dos mellores sitios web sobre Zooloxía.

I

 

Imaxes de Marte: O equipo de imaxes da sonda Mars Global Surveyor (MGS) puxo na Rede máis de 30.000 imaxes de Marte, tiradas polas cámaras da astronave

Informnauka: É a páxina desta axencia rusa de información científica. Dá as novas en ruso, por suposto, e en inglés (aínda que con algúns paróns temporais)

Instituto Copérnico: Un centro dedicado á divulgación e á investigación astronómica. Traballan no eido das estrelas variábeis e no desenvolvemento de tecnoloxía para observatorios robotizados

Instituto de Investigacións Mariñas: O Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo é un centro dependente do CSIC. A súa creación vén desde 1951, como laboratorio costeiro dependente do Instituto de Investigaciones Pesqueras de Barcelona.

International Dark-Sky Association: Imaxes nocturnas de Europa e do resto do mundo.

L

 

Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia: Se a Metroloxía é o estudo de todos os aspectos relacionados coas medicións, este centro de investigación é o referente no noso país. Aplica os seus recursos á investigación, difusión e mantemento dos instrumentos de medida.

Laboratorio Xeolóxico de Laxe: É unha institución científica galega fundada polo Profesor Isidro Parga Pondal en 1940.

Life in the Universe: Programa educativo da Axencia Espacial Europea e outras institucións sobre a posibilidade doutras formas de vida no Universo. 

M

 

Map machine: É unha utilidade de National Geographic que, como di o seu nome, vén sendo unha máquina de facer mapas. 

Mapas de Galicia no CESGA-GIS
: Abraiantes mapas interactivos do país. Ríos, provincias, concellos, encoros... e mailos mapas de poboación.

Maquetas espaciais: Páxina dedicada á elaboración de maquetas de sondas espaciais. Hai modelos imprimibles da Cassini, Stardust, NEAR-Shoemaker, Pionner 10...

Mars Express: É o sitio oficial da misión Mars Express á Marte da Axencia Espacial Europea. Se queremos coñecer todo sobre a misión, as características da astronave, os obxectivos do proxecto, as últimas imaxes coas probas da presenza de auga no planeta vermello... cómpre visitar estas páxinas.

Misión Biolóxica de Galicia: É un dos centros de investigación máis significativos do país. Fundouse en marzo de 1921 pola Junta para la Ampliación de Estudios para “realizar investigacións e traballos científicos relacionados cos problemas da agricultura galega”.

Museo dos inventos imposíbeis: Unha escolma dos intentos da humanidade por rachar coas leis físicas e fabricar máquinas imposibles. Ten varias galerías, dedicadas, por exemplo, ás máquinas de movemento perpetuo ou ás imposibilidades artísticas e ilusións ópticas.

N

 

Naturnova: Sitio na Arañeira de Naturnova unha iniciativa de CaixaNova para a educación ambiental. Naturnova leva aberta desde 2003. Os tres módulos coas súas trinta e sete actividades reciben visitas desde outubro a xuño. Toda a información para visitar Naturnova (visitas guiadas, grupos, prezos, reservas) están nas páxinas do sitio de seu. Completa a información unha colección de actividades en arquivos PDF.

NEAR-Shoemaker: A NEAR-Shoemaker é dirixida polo Laboratorio de Física Aplicada da Johns Hopkins University. É a primeira misión que ten como obxectivo situar un satélite na órbita dun asteroide.

New Horizons: É o proxecto do Laboratorio de Física Aplicada da Universidade Johns Hopkins para chegar a Plutón.

NET-Ciências: Blog dedicado ás ciencias e feito por Marcelino Lopes, profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Braga, no Departamento de Ciências Naturais e Físico-Químicas da Escola Secundária da Póvoa de Lanhoso. Tamén Aprender Biologia na NET e Terra, planeta a preservar.

Nobel e-Museum: Para coñecer todo sobre os Premios Nobel. Mesmo para seguir en directo a proclamación dos premiados. 

O Noso Lar: Portal galego con múltiples seccións, ligazóns, comprobador da velocidade de navegación, programas...

Nunca Máis: o sitio da Plataforma Nunca Máis presenta toda a información das actividades conmemorativas e reivindicativas da catástrofe do Prestige.

O

 

Observatorio Astrónómico Ramón María Aller :O Observatorio Astronómico Ramón María Aller foi fundado en 1943 polo científico de Lalín que lle da nome. 

Observatorio de Begues: Observatorio de observación astronómica fundado e dirixido por José Manteca.

Oregon Regional Primate Research Center: Un centro especializado na investigación e clonación de primates.

P

 

Páxina persoal de Adolfo Cordero Rivera : Adolfo Cordero Rivera é Profesor yitular de Ecoloxía, do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo. Nas súas páxinas preséntase e describe os campos onde desenvolve o seu traballo. 

PC sapiens: Unha excelente web sobre computadoras, ábacos, regras de cálculo... Cómpre rexistrarse para poder acceder a todos os seus recursos. 

PÈNDULUM: É un obradoiro de creación dedicado á museografía e á divulgación científica. Fabrican réplicas de instrumentos antigos e doutros materiais científicos.

Popular Power: Seguindo o ronsel de SETI@home, Popular Power é un proxecto no que se pide o tempo dos nosos computadores para pescudar sobre o perfeccionamento das vacinas contra a gripe.

R

 

Red científica: Interesante revista electrónica sobre ciencia, tecnoloxía e pensamento.

Redemat: páxina de recursos de matemáticas na Rede. 

Revista do Instituto Astrofísico de Andalucía: Co nome de IAA- Información y Actualidad Astronómica, o Instituto de Astrofísica de Andalucía vén de publicar a súa revista de divulgación astronómica.

Rochas de Galicia: Alberto Váquez é o autor destas páxinas dedicadas á Xeoloxía de Galiza e, moi en particular, ás rochas dalgunhas das rexións petrolóxicas máis interesantes do país.

S

 

A saquetiña da ciencia: Unha interesante sección da aula de Ciencia de Edugaliza.org feita por Carlos Varela.

Sensación térmica: Interesante páxina en español coas explicación de como o vento ou a humidade inflúen na nosa percepción da temperatura ambiental.

Sistema Solar Básico: Todo sobre o sistema solar: os planetas, os seus satélites, asteroides, o Sol..., nestas páxinas de Ramon Molins e traducidas ao galego por Galego 21.

The Skeptic's Dictionary: Feito por Robert Todd Carroll, Profesor de Filosofía do Sacramento City College. Recolle todos as 'cousas' da paraciencia.

Sociedade Astronómica da Estrada: A Sociedade Astronómica da Estrada presenta o proxecto contra a contaminación lumínica que impide ver o ceo de noite desde as cidades e vilas. Nas súas páxinas publican o seu boletín (en formato PDF).

Solar System Simulator: Con esta abraiante utilidade que ten a NASA seremos quen de observar calquera obxecto do sistema solar, e visto dende a astronave, o planeta ou o satélite que desexemos. 

Sondas espaciales. Estupendo sitio con toda a información sobre as sondas espaciais "pasadas, presentes e futuras": novas, historia... Indispensábel para coñecer mellor a actualidade da investigación do sistema solar.

Space Weather: Información sobre os fenómenos meteorolóxicos do sistema solar: vento solar, tormentas solares, laparadas, chuvias de meteoritos...

T

 

Telescopio Espacial Spitzer: Unha misión da NASA operada e administrada polo Laboratorio de Propulsión a Reacción (Jet Propulsion Laboratory). O seu sitio na Rede está xestionado polo Grupo de Educación e Difusión Pública no Centro Científico Spitzer, localizado no Instituto Tecnolóxico de California (California Institute of Technology), e que forma parte do Centro de Análise e Procesamento Infravermello (IPAC) da NASA.

Tercer Milenio
: É o suplemento dedicado á divulgación da ciencia aplicada e da investigación, así como ao mundo da I+D na empresa, que Heraldo de Aragón publica cada semana.

Terremotos virtuais
: Web interactiva baseada nun programa que axuda a coñecer e manexar os conceptos básicos de Sismoloxía. 

V

 

Vacaloura.net: Está dedicada ao mundo da entomoloxía. O autor avisa que non é unha páxina para a compra e venda de exemplares. Ten unha boa sección de ligazóns pero o mellor son as dedicadas á entomoloxía práctica.

The Virtual Cell Tour: Unha páxina para darmos unha volta polo interior dunha célula. O proxecto Virtual Cell obtivo o Premio Pirelli Internetional de 2000.

W

 

Wildlife Trust: É a sede electrónica da organización estadounidense, irmá da fundada por Gerald Durrell.

X

 

Xeise: é un sitio de recursos en galego, con programas, utilidades e aplicacións de todo tipo (audio, educativos, redes, xogos...). Conta cunha sección de foros e outra de trucos para xogos).

Z

 

Zientzia.net: Unha web de divulgación científica en éuscaro.

canalciencia.com