Obra social de Caixa Galicia. Medio ambiente.

 

 


Boletín de novas da ciencia


A traveso de Operación carballo preténdese que os participantes establezan unha relación de respecto e amizade coas árbores. Anímase aos galegos e as galegas para que manteñan un pequeno viveiro de carballos na súa casa, escola, oficina..., que no momento apropiado poidan empregarse para a repoboación dos estragados montes do país.

 
 

Comezan as plantacións

Desde finais de marzo  Obra Social Caixa Galicia está plantando os carballos que centos de galegos, mozos e menos mozos, coidaron desde durante o outono e mais o inverno. Así, os pasados 26 e 27 de marzo escolares da bisbarra e doutras comarcas do país plantaron nos montes de Ribeira máis de mil carballos. A zona elixida foi o Parque Periurbano de San Roque moi afectado polos lumes do verán de 2006.

E a semana recen rematada tocoulle aos montes de Coruxo (Vigo). Alumnos e alumnas de seis institutos de Vigo, Chapela, Tui e A Guarda plantaron 330 carballizas e outros 750 rapaces e rapazas doutros centros de estudos galegos fixeron o mesmo con outras 1.200 arboriñas. Dirixindo os traballos, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez.

 

II Edición da Operación carballo

Obra Social de Caixa Galicia comezou a II Edición da Operación carballo. Esta iniciativa foi concibida  como unha actuación de reforestación e de educación ambiental ao mesmo tempo. Xurdiu en  2006 co propósito de frear a perda de bosques debida aos incendios e outras causas.

Na primeira edición participaron catro mil escolares de sesenta e tres centros galegos e máis de mil persoas maiores. Entre todos recolleron multitude de landras que, unha vez brotadas e plantadas, comezaron a dar forma a novos bosques.

Arestora comeza a segunda edición que profunda no traballo feito na anterior tempada. Para iso Obra Social de Caixa Galicia puxo na rede a disposición de todos unha colección de materiais formativos que van contribuír á recuperación forestal do noso país.

Os materiais son:

  II Edición da Operación carballo

 

 

Os carballos de Sherwood

Lemos en Vieiros que a carballeira de Sherwood, a fraga escenario das aventurasUn dos carballos de Sherwood, con puntais suxeitando as pólas máis grandes e pesadas. de Robin Hood, está perdendo cinco árbores ao ano. O peor é que o ritmo de morte dos carballo se incrementou nos últimos anos, cando hai pouco desparecía un por temporada.

Para frear a desparición do bosque de Sherwood, os responsábeis van plantar duascentas cincuenta mil carballizas.

 

As follas do outono

O familiar troco na cor das follas das árbores está relacionado coa entrada nun período do ano de temperaturas máis baixas e tamén poucas horas de luz. Hai algo máis que isto? Un artigo publicado en PLoS Biology  volve recuperar unha hipótese xurdida hai poucos anos, unha idea moi interesante e sometida a un intenso debate: o troco na cor das follas do outono é un aviso para os áfidos –os pulgóns, insectos que cun aguillón e unha trompa chuchan o zume das plantas–, unha advertencia dun cambio fisiolóxico da árbore prexudicial para estes insectos.

 

O mundo das árbores

Obra Social de Caixa Galicia organiza unha interesante exposición dedicada áRío Oitavén. Imaxe de Carlos Cifuentes. divulgación da ciencia, en especial, á parte correspondente ao coñecemento do noso medio. Trátase de O mundo das árbores, formadas por trinta paneis fotográficos de gran formato, mostras de cortes de madeira, para ver os aneis de crecemento e os detalles da casca...

O mundo das árbores vai visitar Lalín, O Incio e A Guarda.

 

A Operación Carballo de André Chamadoira

Unha das carballizas de André Chamadoira na Pomarbella.Xiana Iglesias fixo unha reportaxe no xornal Galicia Hoxe á Operación Carballo de André Chamadoira, responsábel do blog Como en Portugal uns vão ben e outro mal.

No seu día xa deixamos constancia do esforzo e bo quefacer de André coas súas carballizas. Polo seu blog e pola reportaxe de Xiana Iglesias coñecemos como vai a repoboación da súa leira, Pomarbella, queimada cos lumes do verán de 2006. Algunhas das arboriñas de André pasaron mal as últimas xeadas do inverno e a primavera de 2006, pero outras seguen (e seguirán) inzando a Pomarbella.

 

Landras furadas

Que lles pasa ás landras cun buratiño na cuberta? Neste enderezo podemos atopar información sobre un insecto, o Curculio elephas, que medra no interior destas landras. Lembra que temos que rexeitar as landras danadas, coa cortiza picada ou furada. Dentro poden estar medrando as larvas dalgún insecto comoLarva de gurgullo e landra furada. este gurgullo.

Neste outro enderezo temos a posibilidade de saber máis sobre as pragas que afectan aos carballos, enfermidades provocadas por fungos e insectos.

Na imaxe, unha landra furada e unha larva de gurgullo (por certo, un verdadeiro manxar para os paxaros insectívoros).

 

Operación Carballo 2007

É tempo de irmos deseñando a Operación carballo de 2007. Por fortuna —e bo quefacer—, este verán non foi como o de 2006. A limpeza do monte, aumento da vixilancia e unhas temperaturas normais para un verán galego están entre os motivos polos que o lume non estragou os montes do país. Esas condicións meteorolóxicas tamén están entre as causas de que haxa abundancia de landras no chan, baixo as carballeiras, landras listas para recollelas e seleccionalas. Polo que vimos son máis pequenas cás da tempada pasada pero igualmente boas.

Velaquí queda unha imaxe da “landra do caldeiro” que segue botando follas e creando o seu propio solo coas que lle van caendo. O recipiente é a tapa dun envase de café instantáneo.

 

1. Agosto- outubro: Recollida das landras de carballo Quercus robur.

  • Procuraremos que non non estean danadas, non teñan puntos nin marcas de actividade de insectos ou a cuberta rota.

  • Gardarémolas nun lugar seco e onde non lles dea directamente a luz do sol (se lles dá moito estráganse en catro ou cinco días).


2. Tamén durante agosto, setembro e outubro recolleremos envases tetrabrik e mais botellas de plástico PET  de litro e medio. 

  • As botellas cómpre cortalas para aproveitar os dous terzos contados desde a base. 

  • Aos tetrabrik hai que cortarlles a tapa. 

  • Cunha navalla furaremos o centro da base de calquera dos dous tipos de envases. 

Dos dous tipos de envases, o mellor é o tetrabrik, entre outras cualidades é máis manexábel e almacénanse mellor. As botellas son axeitadas para ver como progresa a xerminación e como van crecendo as raíces.


3. Encher os envases con terra rica en humus.

4. Desde agosto e  até novembro, ou asemade coa recolleita, seleccionaremos as mellores landras:

  • Metémolas nun caldeiro con auga e deixarémolas uns poucos minutos.

  • Aproveitaremos as que axiña vaian ao fondo e teñan boa pinta: son as mellores.

  • Rexeitaremos as que aboien (teñen aire dentro e, polo tanto, algún burato na casca feito por insectos, pola caída da árbore, polo sol...).

5. Plantaremos as landras entre setembro e novembro. Non debemos agardar moito desde a recollida pois perden a capacidade de xerminación nunhas semanas. 

  • Poñeremos as landras, dúas ou tres por envase, a uns oito ou dez centímetros da superficie  (como referencia, máis ou menos a unha profundidade que sexa de dúas a tres veces o diámetro da landra).


6. Onde gardamos os envases?:

  • Se quedan no exterior:  evitaremos que a terra estea enchoupada ou demasiado seca. O frío de inverno é bo para asegurar unha boa xerminación.
     

  • Se quedan no interior das casas hai que afastalos de toda fonte de calor ou de saídas de aire acondicionado. Para coñecer o calor e a humidade cun termómetro- higrómetro sinxelo. Tamén debemos evitar o exceso e a falta de auga. 


7. En abril ou maio, cando saian os plantóns podemos levalos ao lugar escollido para plantalos. Agardaremos a que as carballizas teñan quince centímetros ou máis de lonxitude e varias follas ben desenvolvidas.


8. Para plantalas:

  • Faremos un burato no chan dun tamaño un pouco máis longo e largo có recipiente

  • Con coidado, cortaremos as paredes do envase e sacaremos o plantón coa terra: cómpre ter coidado coa raíz principal: é moi longa e estará enrolada. 

  • Lembremos que para plantar as nosas árbores é necesario pedirlles permiso aos donos do terreo (xuntas de montes, propietarios particulares...).


9. Ás veces é necesario protexer as árbores acabadas de plantar cunha malla para coellos.


10. Mirar para as árbores, coidalas e gozar da súa presenza.

Canal Ciencia


O pequeno manual do plantabosques
Manual de sementeira. OMA da Universidade de Vigo.
Manual de sementeira
OMA. Universidade de Vigo

 

Continúan no asunto:

André Chamadoira
IES Auga da Laxe de Gondomar
Obra Social de Caixa Galicia

A traballar

Collendo landras
Collendo landras
Escollendo landras
Escollendo landras
Recollendo envases
Recollendo envases
Coidado con esta, non vale
Coidado con esta, non vale

Landras e follas dun carballo americano (Quercus rubra)
Unhas boas landras
Unhas boas landras