O Prestige é un petroleiro de 234 metros de eslora que levaba 77.000 tonelada métricas de fuel a bordo. Dicimos levaba porque, polo menos, unhas 5.000 andan polo mar de Galicia cando non nas praias e na costa.
Contra o mércores 13 de novembro abriuse unha vía de auga no casco do barco cando navegaba a 50 quilómetros de Fisterra. O barco ten 26 anos e disque a causa foi a ‘fatiga do aceiro’. O temporal do mércores, o incumprimento das normas de navegación e o capitán do Prestige fixeron o resto.
No seu camiño fronte ás nosas costas, o Prestige foi deixando un ronsel de fuel que formou unha xigantesca mancha de 30 quilómetros de lonxitude.
Agora centos de persoas andas a procura de aves cubertas de chapapote, poñendo barreiras ó paso das manchas de fuel ou seguen a traballar nas tarefas de levar ó Prestige fóra das augas galegas.
É posíbel que o petroleiro non consiga aportar e arranxa-lo seu casco. Seica rematará os seus día no fondo do mar e o fuel aboiando no Atlántico e contaminando severamente as súas augas.
Actividades:
- Explica o significado e emprego das palabras subliñadas
- ¿Coñeces outros accidentes de petroleiros nas costas do país?