O fuel
O fuel é un residuo
líquido da destilación do petróleo, é dicir, o que queda despois de
extrae-la gasolina, o queroseno e o gasóleo. A súa densidade é un pouco
menor cá da auga. Emprégase en instalacións de calefacción doméstica e
tamén en pequenos fornos industriais. O
seu poder calorífico é de aproximadamente 9.800 quilocalorías por quilogramo de
combustible.
Investiga:
-
¿A que
temperatura obtense a gasolina, o queroseno e o gasóleo?
-
Pon por
orde de maior a menor densidade os catro hidrocarburos do texto.
-
Segundo os
cálculos dos expertos, o Prestige botou ó mar unhas catro mil toneladas
métricas de fuel. ¿Cantas quilocalorías poderían obterse pola combustión do
fuel derramado?