O hidrocarburo vertido sobre a
superficie da mar esténdese axiña. O hidrocarburo espállase de xeito difícil de
predicir, resultando nun vertido heteroxéneo consistente en manchas espesas
e grumos mesturados con finas capas oleosas. A figura ou forma final da
mancha está condicionada polo vento, as ondas e as correntes.
A maneira na que un vertido
deriva no mar está determinada por varios factores medioambientais: velocidade
e rumbo da corrente (incluída á da marea), velocidade e dirección do vento e o sistema
de ondas.
A corrente transporta o vertido
coa auga. En ausencia de vento, o
hidrocarburo vaise mover, normalmente, coa mesma velocidade e na mesma
dirección cá corrente. Se venta o movemento do hidrocarburo queda afectado, a súa
velocidade e increméntase nun pequeno tanto por cento da velocidade do vento.
Investiga:
-
¿Por que non
afunden os hidrocarburos derramados no mar?
-
Deseña un
procedemento para separar unha mestura de fuel e auga mariña, no hidrocarburo,
sal e auga potable.
-
Sinala que
vas obtendo en cada paso do teu experimento anterior: substancias puras,
disolucións, compostos, elementos...